A Xunta activa alerta laranxa por temporal costeiro no noroeste da Coruña e no litoral lucense

Por Erik Dobaño | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2022 | Actualizada ás 09:51

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou unha alerta laranxa por temporal costeiro no noroeste da provincia da Coruña e no litoral lucense.

Segundo informou a Xunta nun comunicado, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), sinala que o fenómeno meteorolóxico adverso será de nivel laranxa mar dentro entre Prior e Bres, con vento do suroeste-oeste de forza oito, no noroeste da provincia da Coruña e no litoral lucense.

Por iso, a Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, é dicir, de diques, rompientes e paseos marítimos. E recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Forte ondada e tempo anticiclónico, a 21 de febreiro de 2022, na Coruña, Galicia (España).. M. Dylan - Europa Press
Forte ondada e tempo anticiclónico, a 21 de febreiro de 2022, na Coruña, Galicia (España).. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta