"Abonda de desprezos": lanzan unha campaña para "recuperar dereitos" no ensino público

A CIG quere "dignificar" a profesión de docente: o obxectivo non é "traballar menos", senón "facelo en melloras condiciones".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2022 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

A CIG lanzou unha campaña coa que pretende demandar á Xunta un "cambio de rumbo" no ensino público a través da "dignificación" da profesión de docente cunha serie de medidas que buscan "recuperar dereitos" para o profesorado e mellorar a calidade educativa. A campaña foi presentada este xoves na sede nacional de CIG-Ensino, que empraza a "alzar a voz" de novo tras anos marcados polas mobilizacións, folgas e dous cursos e medio de pandemia.

As reivindicacións da central nacionalista articúlanse ao redor de seis eixos: recuperación do horario lectivo de 18 e 21 horas, redución dos cocientes, ampliación dos persoais docentes, mellora da atención á diversidade, limitación da burocracia e a reconsideración da saúde laboral.

"Xa abonda de desprezos e desconsideracións, sexamos contundentes para que se prestigie a nosa profesión da única maneira posible: coa dignifiación e a recuperación de dereitos", sinala a central nacionalista nun comunicado, no que acusan á Consellería de Educación de "pisar" as condicións laborais do profesorado galego.

Aseguran que as últimas crises económicas carrexaron "recortes" precedidos de "escusas centradas na necesidade de compartar sacrificios", unha demanda que, denuncian, "nunca se dá no sentido contrario" e que, máis tarde, "se acompañan de palabras de recoñecemento pola entrega dos profesionais que nunca terminan coa recuperación dos dereitos arrebatados".

Así as cousas, piden a recuperación do horario lectivo de 18 a 21 horas porque, argumentan, o obxectivo non é "traballar menos", senón "facelo en melloras condiciones". Tamén reclaman a redución de cocientes, cuxa posta en funcionamento durante a pandemia, segundo a CIG, demostrou "que é a mellor ferramenta para mellorar a atención ao alumnado".

A ampliación dos persoais docentes, limitar as tarefas de burocracia que recaen no profesorado, redobrar as medidas de coidado da saúde laboral ou mellorar as ferramentas para a atención á diversidade son o resto das demandas da CIG.

Membros da executiva de CIG-Ensino durante a presentación dunha campaña para demandar a 'recuperación' de dereitos do profesorado. CIG-ENSINO
Membros da executiva de CIG-Ensino durante a presentación dunha campaña para demandar a 'recuperación' de dereitos do profesorado. CIG-ENSINO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta