Allariz non falla á cita coa 'Festa dos Maios'

Será o vindeiro venres 29 de abril na Alameda. As bases para participar no concurso de maios e de coplas están na web do concello e repartiranse tres premios por cada unha das catro categorías ou modalidades que se contemplan.

Por X.M. Fernández | Allariz | 25/04/2022 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Un ano máis, a Área de Cultura do Concello de Allariz organiza a tradicional Festa dos Maios.

Celebración dos Maios. Foto: Concello de Allariz
Celebración dos Maios. Foto: Concello de Allariz

Será o venres 29 de abril, na Alameda de Allariz, lugar onde ás 11:30 h. da mañá lucirán os maios e terá lugar o concurso de coplas ata as 13:30 h. Retómase así a presencialidade nesta tradicional celebración na que o Grupo de Gaitas De Pé Feito poñerá o acompañamento musical.

A participación está aberta ao público en xeral e para facela efectiva cómpre inscribirte na Casa da Cultura de Allariz. O prazo está aberto ata o 26 de abril e pódese participar tanto na modalidade de coplas como na de maios. Para os maios permítese a participación individual ou en grupo mentres que para as coplas só se admiten grupos de 8 persoas como mínimo. Neste último caso, hai dúas categorías, a de 3 a 11 anos e a de 12 anos en adiante. No que respecta aos premios establécense tres (50, 40 e 30 €) por cada unha das catro modalidades comentadas.

Todos os maios que participen estarán expostos durante a fin de semana na Alameda durante tres días para que todas as persoas que queiran se acheguen a velos.

Para máis información ou para inscribirse hai que achegarse á Casa da Cultura de Allariz, chamar ao 988 440 859 ou enviar un correo a cultura@allariz.gal

Para consultar as bases de participación ao detalle pode accederse a través da web do Concello de Allariz.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 GalegON

Interesante iniciativa