Catro feridos nunha saída de vía en Laxe

Un dos vehículos rematou envorcado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2022 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia

Catro persoas resultaron feridas nunha saída de vía dun vehículo no municipio coruñés en Laxe, á altura de Traba. Segundo informa o 112 Galicia, recibiuse aviso de servizos sanitarios sobre as 3,00 horas da madrugada deste sábado por un accidente na estrada que une Pasarela e Laxe. Foron avisados axentes de Tráfico, Policía Local, Bombeiros de Carballo, GES de Ponteceso e membros de Protección Civil da localidade.

Por outra banda, ás 5,00 horas da madrugada deste sábado produciuse outra saída de vía, neste caso en Arteixo, cunha persoa ferida en en Armentón, na AC-552, punto quilométrico 14. A Policía Local deu aviso ao 112, mentres Protección Civil comunicou que a única persoa ferida ía ser evacuada polos profesionais sanitarios. Ademais, foi preciso cortar ese punto da estrada para que un guindastre puidese proceder á retirada do vehículo, que terminou envorcado.

Sede do 112, Axega. 112
Sede do 112, Axega. 112 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta