O seguimento da folga no servizo de bus urbano de Ourense é dun 100% segundo o comité de empresa

A concetración quedou eclipsada polo incidente entre o rexedor municipal, Gonzalo Pérez Jácome, e unha representante sindical. Para o presidente do Comité, Daniel Fernández, o bo seguimento: "É un síntoma do que levamos de augurando desde o principio dado que o persoal está moi cansa".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2022 | Actualizada ás 22:02

Comparte esta noticia

A folga do servizo de autobuses urbanos de Ourense tivo un "100%" de seguimento, segundo cifras do comité de empresa, mentres que o Concello denunciou que arrincou sen poder cubrir a totalidade dos servizos mínimos, establecidos no 52,8%, por mor dos "actos de sabotaxe a vehículos da frota do servizo municipal".

O Concello lamentou que a frota apareceu con danos "impedindo a súa circulación", polo que a empresa concesionaria traballa na reparación dos vehículos afectados coa finalidade de que poidan volver circular. Entre eses danos aos que fai alusión: picadas en pneumáticos, manipulación nos bombines da fechadura de arranque nos autobuses e diversas pintadas.

A empresa concesionaria, Avanza, mandou un comunicado "lamentando profundamente o ocorrido" e denuncia calquera tipo de vandalismo que se produza no contexto deste conflito "desproporcionado".

Tras lamentar que estes ataques repercuten nos viaxeiros, pediron que cesen estas "actitudes violentas" e se recupere o diálogo para "buscar solucións viables" ao conflito que "non prexudiquen aos cidadáns".

Mentres, por parte do Comité de Empresa apuntan ao éxito do primeiro día de folga cun seguimento do 100%, tanto á primeira hora da mañá como na concentración ante o Concello.

A concetración quedou eclipsada polo incidente entre o rexedor municipal, Gonzalo Pérez Jácome, e unha representante sindical. Para o presidente do Comité, Daniel Fernández, o bo seguimento: "É un síntoma do que levamos de augurando desde o principio dado que o persoal está moi canso".

Así quixo incidir en que a folga é indefinida e "pacífica", á vez que mostra o seu rexeitamento a "este tipo de actuacións de sabotaxe". "Nós facemos piquetes informativos", aclara.

Así pois, para este mércores márcanse o mesmo modo de actuación. Á primeira hora acudirán á nave dos autobuses urbanos para "certificar que se cumpren os servizos mínimos" e "que saian os coches que teñen que saír". Ás 10,00 horas da mañá, volverán concentrarse na Praza Maior, onde teñen convocadas as manifestacións todos os días. Ademais, en casos puntuais realizarán un seguimento de piquetes informativos por toda a cidade.

Os sindicatos reclaman cobrar por unha xornada laboral de oito horas ao día, 40 horas á semana, con horas extras negociadas; mentres que a empresa propón cobrar mensualmente segundo a liña que realicen, cambiando un sistema que funciona desde 1986 e que os traballadores están "dispostos a asumir pero sen que supoña unha perda de salario".

A folga afecta a 125 empregados da concesión, dos que 96 son condutores mentres, o resto, administrativos, inspectores, mecánicos e lavacoches. No caso destes profesionais os servizos mínimos quedaron estipulados no 50%.

Bus urbano de Ourense
Bus urbano de Ourense

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta