Conductores maiores, principais vítimas dos accidentes de tractores

O septuaxenario falecido en San Sadurniño perdeu o control do tractor na manobra marcha atrás, tras o que envorcou.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2022 | Actualizada ás 10:17

Comparte esta noticia

Persoas maiores, xeralmente homes de entre 70 e 80 anos, están entre as principais vítimas de accidentes de maquinaria agrícola en Galicia. O último, un home de 77 anos de idade de San Sadurñiño que faleceu na tarde deste pasado xoves tras perder o control do vehículo na manobra de marcha atrás, tras o que envorcou.

Así o informou a Garda Civil, que relatou que este accidente cun vehículo agrícola sucedeu nunha parcela próxima ao lugar de Batán en Naraio, no termo municipal de San Sadurniño. Desprazados ao lugar do sinistro mortal axentes do posto da Garda Civil de Ortigueira comprobaron a veracidade dos feitos e identificaron o condutor falecido, un home de 77 anos.

As mesmas fontes relatan que durante unha manobra de marcha atrás perdeu o control e o tractor envorcou, tras o que esmagou o corpo do falecido, que quedou atrapado debaixo do vehículo agrícola.

Ao lugar dos feitos desprazouse unha ambulancia do 061 e bombeiros das Pontes. Ademais, foi avisada a autoridade xudicial e un médico forense, que ordenou o levantamento do cadáver e o seu traslado ao Hospital Naval de Ferrol para realizar a autopsia.

Accidente de tractor en San Sadurniño cun falecido.. GARDA CIVIL
Accidente de tractor en San Sadurniño cun falecido.. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta