Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 09/05/2022 | Actualizada ás 18:24
Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vilagarcía de Arousa investigan un veciño do concello como presunto autor dun delito de simulación de infracción penal. A finais de abril, o home denunciou ser vítima dun roubo con violencia.
Segundo o seu relato, cando camiñaba pola rúa ás 22.00 horas foi abordado por detrás por un mozo vestido con roupa deportiva que lle propinou unha patada e tirouno ao chan mentres lle berraba: "Dáme todo o que tes".
Nesa denuncia, o veciño de Vilagarcía relataba que lle subtraeron un teléfono móbil valorado en 1.000 euros e a carteira con documentación e 20 euros.
Por mor da denuncia, os axentes iniciaron as investigacións para o esclarecemento dos feitos. Tras comprobar as cámaras da contorna do porto, citaron novamente na comisaría á presunta vítima, quen recoñeceu presentar unha denuncia falsa co obxectivo de tentar que o seguro se fixese cargo do móbil, xa que o extraviou ese mesmo día.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.