O BNG pide que se equiparen as axudas económicas aos produtores de carne coas do sector lácteo

A formación nacionalista denunciou que as contías ao sector cárnico son "insuficientes e discriminatorias" en comparación coas destinadas á produción láctea.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2022 | Actualizada ás 15:29

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, reclamou ao Goberno estatal o incremento das axudas destinadas aos produtores de carne para equiparalas ás doutros sectores como produción de leite.

Esta demanda produciuse tras a publicación do borrador do real decreto do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, polo que se regulan as axudas aos sectores agrícolas e gandeiros. A formación nacionalista denunciou que as contías ao sector cárnico son "insuficientes e discriminatorias" en comparación coas destinadas á produción láctea.

"Apréciase unha diferenza de trato entre un sector e outro que non se pode xustificar", reivindicou Rego. "O Ministerio de Agricultura debe rectificar o contido do borrador e incrementar as axudas previstas para, polo menos, equiparalas ás concedidas ao sector lácteo", aseverou o deputado nacionalista.

En relación con estas demandas, o BNG tamén apuntou a "necesidade" de que se garanta o cumprimento "efectivo" da Lei da Cadea Alimentaria, para asegurar que os produtores non se vexan obrigados a vender por baixo do custo de produción.

Néstor Rego / BNG. / Europa Press
Néstor Rego / BNG. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta