Rodas, frigoríficos e máis lixo invaden unha zona protexida na Limia

Ecoloxistas en Acción insta ao Concello de Sandiás a actuar contra estes "vertedoiros irregulares"

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2022 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

As areeiras de Sandiás, no concello homónimo da Limia, forman parte das moitas canteiras de áridos que, durante anos, abasteceron a construción do país e alén das fronteiras galegas. Aínda que na actualidade as vellas explotacións se atopan reformadas en grande medida, hai que segue a empregalas para depositar lixo de forma irregular. Así o denuncia a delegación de Ecoloxistas en Acción Ourense, que asegura que parte da área afectado é zona protexida por lei. 

Lixo nas areeiras de Sandiás (I)
Lixo nas areeiras de Sandiás (I) | Fonte: Ecoloxistas en Acción

"O uso de terreos das areeiras de Sandiás como vertedoiro de lixo segue sendo unha realidade, a pesar da apertura dos puntos limpos nos concellos de Vilar de Santos e Xinzo de Limia", inciden dende a plataforma, que achegou a este xornal imaxes de lixo e entullos depositados ao aire libre. Segundo a organización ecoloxista, o que ao principio eran "pequenos cúmulos de lixo", foron aumentado a base de rodas, electrodomésticos, materiais de construción, tubaxes e mesmo anacos de beirarrúas.

Neste aspecto, a asociación insiste que o Concello de Sandiás anunciou recentemente a súa intención de "recuperar" estes espazos para gozar do avistamento de aves na lagoa de Antela. Ecoloxistas sinala agora sinalan que un destino ornitolóxico atractivo, como tratan de promocionar tanto o Concello como a Xunta de Galicia, é "incompatible" cun vertedoiro de lixo.

Por iso, a plataforma dirixiuse directamente ao rexedor do Cocello de Sandiás para facelo coñecedor da proliferación destes vertedoiros nas  areeiras e demandarlle medidas para remediar esta situación. “É necesario que se investigue a procedencia das verteduras e se sancione aos infractores. Tamén se debería sinalizar a zona concienciando da necesidade de preservar este espazo natural protexido” apuntan desde a organización ecoloxista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta