O alumnado do colexio Trisquel bota a andar un festival en favor das persoas refuxiadas

Trátase do Locofestival, unha celebración organiazda en colaboración con ACNUR para recaudar diñeiro para as persoas que se ven obrigadas a abandonar a súa terra.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2022 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

O alumnado do colexio Trisquel International School, en colaboración con ACNUR, celebrará o próximo 21 de maio en Bertamiráns o chamado Locofestival, un festival solidario en favor das persoas refuxiadas. Nel, contarase con actuacións musicais dos grupos Preludio, Mügre, Falsos Profetas, The Cans e Los Potes, ademais de obradoiros, xogos populares e ata un photocall.

Alumnado de Trisquel preparando o Locofestival
Alumnado de Trisquel preparando o Locofestival | Fonte: Trisquel

Dende hai varios meses, o alumnado deste centro leva traballando arreo para crear un festival co obxectivo de "axudar ás persoas refuxiadas e en particular a todos eses nenos e nenas que se ven obrigadas a abandonar a súa terra dun día para outro", explica o colexio nun comunicado.

Cun orzamento "nulo", o festival foise construíndo grazas ao traballo desinteresado de decenas de persoas que colaboraron co colexio, dende os grupos de música que actuarán, pasando polas empresas que facilitaron material ata calquera persoa que proporcionou contactos ou axudou na promoción.

Todo o diñeiro recaudado será destinado para a ONG ACNUR, que traballa día a día para axudar ás persoas refuxiadas ao longo de todo o planeta. Durante o festival, ademais, sortearanse artigos doados, como unhas botas firmadas de Borja Iglesias, e as camisetas tamén firmadas do Obradoiro, SD Compostela, Hugo Rama ou Vallejo Racing.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta