A Deputación de Pontevedra recupera a atención presencial e suprime a obrigatoriedade de pedir cita previa

O ORAL seguirá precisando deste trámite anticipado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/05/2022 | Actualizada ás 20:55

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra anunciou que recupera a atención presencial directa en todos os seus servizos e suprime a obrigatoriedade de concertar cita previa, excepto no ORAL, onde continuará para "manter o nivel de calidade alcanzado na atención especializada ás persoas contribuíntes".

Así, nun comunicado, a administración provincial sinala que, unha vez decaídas a maior parte das restricións sanitarias con motivo da pandemia, pretende contribuír tamén desta maneira á recuperación da plena normalidade na relación coa cidadanía.

Máis de 160.000 persoas foron atendidas desde que o pasado 1 de xuño de 2020, durante a última prórroga do estado de alarma, se implantara o sistema de cita previa, xunto co traballo en remoto para o persoal, co que estiman que 6.000 traballadores puideron continuar desempeñando as súas funcións durante a etapa posterior ao estado de alarma.

A Deputación de Pontevedra presenta unha nova edición de 'Mulleres non Foco' e os patrocinios 'Estudio de Cinema'. RAFA ESTEVEZ
A Deputación de Pontevedra presenta unha nova edición de 'Mulleres non Foco' e os patrocinios 'Estudio de Cinema'. RAFA ESTEVEZ | Fonte: DEPUTACIÓN

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta