As comunidades de montes terán tres meses máis para executar as axudas autonómicas

Medio Rural amplía o prazo do 30 de xuño ao 30 de setembro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2022 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Rural amplía ata o 30 de setembro o prazo de execución e xustificación das axudas convocadas o ano pasado para o impulso do bo goberno nas comunidades de montes veciñais. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores a orde da Consellería de Medio Rural pola que se amplía este prazo, que estaba inicialmente fixado ata o 30 de xuño deste ano.

Coa ampliación, búscase paliar as dificultades que tiveron as comunidades de montes a consecuencia das limitacións pola pandemia, explica a Xunta. A emerxencia sanitaria supuxo a adopción de medidas especificas de prevención, como a fixación de capacidades máximas en lugares pechados ou limitacións en distintas actividades.

Esta circunstancia afecta directamente á execución dos traballos previstos no marco desta convocatoria de axudas, principalmente á organización e á celebración das asembleas xerais e reunións previstas na normativa de montes, tendo en conta que esta forma de propiedade común de natureza xermánica conta cunha media de 44 comuneiros por monte. Estes apoios convocáronse por vez primeira o ano pasado, cun total de 1.056 comunidades beneficiadas por un importe global superior aos 6,1 millóns de euros.

PARCELARIA EN SANTA COMBA

Noutra orde de cousas, a Xunta publicou o acordo de reestruturación parcelaria da zona de Arantón-Santa Sabiña, no municipio coruñés de Santa Comba, tras un investimento de case 3 millóns de euros. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores o anuncio deste departamento sobre esta reorganización territorial que afecta a unha superficie total de 1.515 hectáreas. De tal forma, reorganízase nun total de 9.489 parcelas de 1.046 propietarios en 2.051 leiras.

Un monte
Un monte | Fonte: AIRE LIMPO NAS MARIÑAS DO MANDEO.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta