Contacontos en lingua de signos, inglés e galego para as crianzas en Santiago

O programa 'Os sábados, choiva de contos' inclúe sesións en honra a Domingo Villar, Santiago as persoas refuxiadas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2022 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

Durante o mes de xuño, a rapazada de tres a oito anos residente en Santiago de Compostela poderá gozar de sesións de contacontos na Biblioteca Pública 'Anxel Casal'. Ademais de narracións en galego, a programación inclúe un espectáculo en inglés e outro en lingua de signos.

O programa 'Os sábados, choiva de contos' inclúe espectáculos de narración oral centrados na obra do recentemente falecido escritor Domingo Villar, o Camiño de Santiago e a contracultura como protagonistas, ademais da exposición itinerante centrada no autor homenaxeado nas Letras Galegas este ano, Florencio Delgado Gurriarán.

A programación comeza este sábado día 4 de xuño co contacontos en inglés 'The Far West', a cargo de Kids&Us. Na xornada do 11 de xuño, chega Lisístrata con 'Facemos as paces?', unha narración para conmemorar o Día Mundial das Persoas Refuxiadas.

O día 18 de xuño celebrarase a sesión de contacontos en lingua de signos en colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia e, como peche da programación, a narradora Sara Cruz compartIrá a historia de 'Garavanciño'. Todas as sesións do público infantil celebraranse ás 12,00 horas e a información sobre as propostas poderanse consultar na web do centro: https://bibliotecas.xunta.gal/santiago/é/actualidade/axenda

Unha moza cun libro
Unha moza cun libro | Fonte: 13 editora

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta