O AVE dispara un 185% máis os viaxeiros entre Galicia e Madrid

Acumula máis de 700.000 pasaxeiros en seis meses.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/06/2022 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

O AVE rexistrou máis de 700.000 viaxeiros en Galicia desde a súa inauguración a finais de 2021, segundo datos ofrecidos por Renfe. Esta cifra de viaxeiros na liña entre Madrid e Galicia supón un incremento ata o mes maio do 185% en comparación co mesmo período o último ano antes da pandemia, é dicir, 2019.

Tren AVE
Tren AVE | Fonte: Renfe - Europa Press.

O director da área de negocios de alta velocidade doutros servizos comerciais de Renfe, Francisco Arteaga, ofreceu estes datos este xoves en Ourense con motivo da presentación dos trens turísticos de Galicia. Referiuse ao "crecemento espectacular" da alta velocidade galega, que este mes de xuño cumpre seis meses desde o inicio da súa explotación comercial.

"Nos usuarios acumulados ata o mes de maio a cifra é de 700.000 usuarios, o que incrementa nun 185% os usuarios que viaxaron no mesmo período do último ano prepandemia". Remarca que "tamén é certo que aumentaron as ofertas".

Con todo, asegurou que en Renfe "están moi satisfeitos coa liña de alta velocidade porque xa non é unha demanda estacional, é lineal, regular". "Esperamos que siga con esa tendencia", agrega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta