Máis de 150 pasaxeiros trasbordados dun tren parado en Vilamartín de Valdeorras por un cable a baixa altura

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 11/06/2022 | Actualizada ás 11:16

Comparte esta noticia

Un cable a baixa altura obrigou na noite do venres a deter a circulación ferroviaria entre A Rúa-Petín e Vilamartín de Valdeorras, de modo que os 158 pasaxeiros foron transbordados en catro autocares para continuar cara aos seus destinos.

Así o explicou o persoal de seguridade de Renfe (ADIF) a través do 112 Galicia. Segundo indicaron, un cable que caeu a baixa altura tivo que ser reparado mediante o emprego de maquinaria pesada que obrigaba a cortar a circulación ferroviaria durante varias horas.

Cara ás 23,30 horas do venres, cando lograron emendar o problema, activouse de novo a circulación ferroviaria.Co fin  de servir de apoio no transbordo da pasaxe, o 112 Galicia solicitou a intervención dos axentes da Policía Local de Vilamartín e da Garda Civil.

Descarrila un tren de mercadorías en Carballeda de Valdeorras
Descarrila un tren de mercadorías en Carballeda de Valdeorras | Fonte: Emerxencias Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta