Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2022 | Actualizada ás 10:50
As treboadas rexistradas nas últimas horas e que afectaron principalmente as provincias de Ourense e Lugo, causaron un reguero de incidencias, maioritariamente relacionadas coa caída de árbores e ramas nas estradas. En total, o 112 Galicia contabilizou, desde o mediodía do mércores, 135 incidentes provocados por este fenómeno adverso.
Por provincias, a de Ourense foi a máis afectada con 53 incidencias rexistradas, seguida a de Lugo con 50, a de Pontevedra con 17 e a da Coruña con 15 incidentes. Con todo, o 112 destaca que non houbo que lamentar danos persoais.
Segundo informou o 112 Galicia, a caída de árbores, ramas e outros obstáculos nas vías, un total de 97, obrigaron a intervir aos distintos servizos de emerxencias, co fin de restablecer as condicións de seguridade nas estradas.
Así, en Portomarín, en Gonzar, unha ambulancia que circulaba pola LU-633 sufriu un accidente a causa do cableado espallado pola estrada debido á caída dunha árbore. Segundo indicou o persoal sanitario ao 112 Galicia, os ocupantes estaban todos ben, pero o accidente provocou importantes retencións na vía.
Tamén, a subministración eléctrica viuse resentida en varios lugares de distintos concellos como ocorreu en Vilanova de Arousa, no lugar da Igrexa, onde un particular contactou sobre as 23,00 horas do miécoles co 112 Galicia para informar de que por mor da caída dun raio estaban todos os veciños sen luz e sen corrente.
Os xestores de emerxencias pasaron o aviso ás autoridades locais e ao persoal das empresas subministradoras que abastecen a zona. Así mesmo, en Cambados, un raio caeu no lugar do Loureiro e deixou a todo o pobo sen luz. Así o comunicou a Policía Local ao 112 Galicia, que enseguida pasou aviso á compañía eléctrica.
DEPENDENTE SEN LUZ
En Castroverde, no lugar de Tordea, un particular dependente dunha máquina de osíxeno, indicou ao 112 Galicia que levaban unha hora sen luz. Así mesmo, o vento, sobre as 21,00 horas, levantou varias chapas dun edificio do Barco de Valdeorras, pero ninguén resultou ferido. Ao lugar acudiron os membros do GES e Bombeiros para a súa retirada.
En Ribas de Sil, os efectivos de Protección Civil da localidade comunicaron ao 112 Galicia, sobre as 20,15 horas do mércores que, debido á treboada, rompera unha barreira do paso a nivel de San Clodio.
O 112 destacou que, nesta ligazón, pódense consultar unha serie de recomendacións que axudarán a diminuír os riscos derivados destes episodios de meteoroloxía adversa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.