Recollildas 86 toneladas de lixo na Coruña tras San Xoán, un 11% menos que en 2019

Segundo o goberno municipal, "foi a noite de San Xoan máis limpa en comparación co resto de anos dos que constan estatísticas".

Por E.P. | A CORUÑA | 24/06/2022 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

O servizo de limpeza do Concello da Coruña recolleu durante o dispositivo de limpeza das praias polas celebracións de San Xoan, segundo un primeiro reconto, un total de 86 toneladas de lixo, das que se estima que un 20% son algas presentes nos areais.

En comparación co último ano antes da pandemia, o 2019, o volume de lixo recollido é un 11% inferior, o que evidencia, remarca o Consistorio, "un maior compromiso da cidadanía para evitar deixar desperdicios nos espazos naturais da cidade".

Por outra banda, o goberno local destaca que aumentou a recollida de vidro nos puntos habilitados ao longo do Paseo Marítimo. Este ano contabilizáronse 2.300 quilos máis que no 2019. O Concello destaca o servizo de control de entrada ás praias como un dos motivos deste aumento.

Segundo o goberno municipal, "foi a noite de San Xoan máis limpa en comparación co resto de anos dos que constan estatísticas", o que vincula coa organización de "un dispositivo sen precedentes que foi apoiado por unha maior concienciación da cidadanía", que agradece.

Vista xeral da praia de Orzán con grupos de persoas e restos de lixo despois da celebración das fogueiras da noite de San Juan.. M. Dylan - Europa Press
Vista xeral da praia de Orzán con grupos de persoas e restos de lixo despois da celebración das fogueiras da noite de San Juan.. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta