Severino Rodríguez (BNG): "Hai que apostar por listas non excluíntes"

O alcalde de Monforte defende listas aposta por "explorar novos camiños", con forzas galegas e non só galegas como Esquerda Unida ou Podemos. "Non existe ningunha contradición con esta postura", suliñou.

Por Galicia Confidencial | Monforte | 24/08/2014 | Actualizada ás 17:46

Comparte esta noticia

Listas non excluíntes e explorar pactos con outras forzas nacionalistas ou estatais. Ese é a proposta do alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, un dos moitos rexedores do BNG que defenden esta postura que, polo momento non se votou, non conta co respaldo da maioría da dirección da formación nacionalista, en mans da UPG.

Severino Rodríguez, alcalde de Monforte
Severino Rodríguez, alcalde de Monforte | Fonte: amafer.es

Así, Severino Rodríguez insistiu na necesidade de articular candidaturas abertas nas municipais do próximo ano sen ser "excluínte" e avogou por "explorar todos os camiños", tamén con outras forzas políticas que non están radicadas unicamente en Galicia, en alusión a Esquerda Unida ou Podemos.

Precisamente, este alcalde, que forma parte dos rexedores do BNG asinantes do manifesto 'Somos Maioría', suliñou que "non existe ningunha contradición" con esta postura, pero lembra que esta discusión aínda non se deu no seo do BNG. "Cando se dea, cada un porá de manifesto o seu punto de vista e debaterase", suliñou

"Pero o importante é axudar a consolidar ideas e prácticas...O único que ten que importar a unha formación é solucionar os problemas da xente", dixo nunha entrevista na Radio Galega.

Neste sentido, sinalou que a súa formación é "total e absolutamente democrática" e así se adoptará a decisión de como conformar listas para as próximas municipais. "Poderán ser ou non acertadas as decisións que adopta a formación, pero tómanse de forma democrática", dixo.

Multa

O rexedor dun dos concellos que se declararon insumisos ao pago da subida do canon de Sogama tamén confirmou que seguirá adiante coa súa negativa mentres que "non se resolva" a vía xudicial. 

Tamén aludiu á multa que se lle impuxo, de 300 euros, no marco da súa participación nunha protesta ante o Parlamento de Galicia contra a subida do canon, indicou que a recorreu. Para Severino Rodríguez, é unha "inmoralidade" que se lle sancionou por "defender" os "intereses" do seu municipio, e atribuíuno á "forma de facer política" do PP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

9 frente de salvación nacional

o que di é certo e verdadeiro e loxico... o pp gañaria todalas cidades galegas grandes desde a coruña, ferrol, santiajo o corruPPto, ourense, pontevedra, lugo, vigo... e das vilas de mais de 20.000 habitantes o peperolo sacaria de 21 de 23, xa non digamos as desfeitas no medio rural, en total o peperolo sacaria o 95 por cento do poder municipal galego. ¿onde esta o pluralismo politico? ¿onde queda a liberdade de votar a quen queres? O PP E UN PARTIDO PERIGOSO E SEMIFASCISTA que nos esta levando a ucrania pola porta de atras

1 Demócrata_Republicano

O PPsoe, non só o PP.

8 :)))

Cando as ratas senten que o Barco dos Negocios Gorentosos vai a pique abandonan o Barco!

7 limico

O BNG é a única forza política organizada, con capacidade de goberno, nacida e criada no noso País,sen inxerencias madrileñas. E así debe ser. Os galegos necesitamos unha opción nacionalista sen dúbidas. Os votantes teñen ese dereito.

1 Calros

Se o alcalde é Severino, o rancio españolismo, a dereita e o caciquismo seguen no poder. Ser do BNG non é garantía de comportarse como nacionalista e de esquerdas. O de Monforte é unha mostra clara dos travestidos que militan no BNG e presiden concellos retrogados españolistas. Ter alcaldes que non son de fiar, mellor non, obrigado!

2 Hermerico

Em Monforte há um alcalde nacionalista...espanhol

6 AMOXEGADOR

Este gajo o que pretende é difuminar o galeguismo político dentro do espanholismo. O que tenho claro é que para votar numha organizaçom que vai coa esquerda espanholista, para isso prefiro ficar em casa.

5 Carude Livre

A graxa perde a Severino. Dedica avenidas ao fascista Manuel Fraga. Coloca pantallas xigantes e inaugura fontes dedicadas a La Roja. Preside misas e procesions da caterva catolica, apostolica e hespañolista. A familia Quintana de Allariz fai negocios en Monforte coa colaboracion do concello. O galego segue marxinado, toponimos deturpados e mesmo a Mesa ten avisado. Desaparecen contratos de Aquagest e logo aparecen en voluminosas carpetas e arquivos dentro do concello... No BNG sobra unto, moita alternativa na Liga, en Salvador Allende, e logo no poder virou cacique. E da limitacion de mandados dos estatutos do BNG non se fala? E de quitara graxa, o unto do BNG? Sobran alcaldes untados!