Rescatado un home levou un golpe nunha piscina en Oza-Cesuras

A piscina era particular.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/07/2022 | Actualizada ás 12:43

Comparte esta noticia

Un home que levou un golpe na noite do domingo nunha piscina particular no municipio coruñés de Oza-Cesuras necesitou ser rescatado ao correr risco de afogarse.

Os feitos sucederon no lugar de Vieiro, na parroquia de Carres, uns minutos antes das 21,00 horas do pasado domingo. O 112 Galicia tivo coñecemento da situación do home a través do 061.

Así, solicitouse a intervención dos Bombeiros de Betanzos, que acudiron ao lugar e sacaron da piscina ao home. Tamén, o persoal do CIAE 112 Galicia pasou o aviso ao GES de Curtis e á Garda Civil. Unha vez fóra da auga, o home foi atendido polos servizos sanitarios que, posteriormente, trasladárono ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).

Unha bañista nada na piscina
Unha bañista nada na piscina | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta