Os bombeiros sufocan dous lumes en vivendas de Poio e Lalín antes de que trocaran en grandes incendios

As chamas orixináronse en dous alpendres.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2022 | Actualizada ás 10:34

Comparte esta noticia

Dous incendios queimaron senllos alpendres nos municipios pontevedreses de Poio e Lalín na madrugada deste xoves, segundo informa o 112 Galicia, pero sen que o lume chegara a se estender máis alá das construcións. 

No municipio de Poio, lugar do Pereiro, o lume produciuse sobre as 1,30 horas da madrugada deste xoves. O 112 destaca que a rápida actuación dos servizos de emerxencias impediu que os danos fosen maiores, pois o incendio atopábase nunha zona próxima a vivendas, con varios puntos nos que había cables de alta tensión e o camión dun particular.

Segundo o GES de Sanxenxo, estaban a arder dúas cheas de leña separados por uns cen metros de distancia. Ademais, un dos principais perigos era que había dous cables con corrente, un no chan e outro que pasaba por encima. Debido a isto, foi necesario avisar ás empresas eléctricas que operaban no lugar, cuxo persoal, unha vez no punto, se encargou de asegurar o corte da electricidade.

Ante a magnitude do lume, o GES de Sanxenxo solicitou a colaboración dos Bombeiros de Ribadumia nos labores de extinción. O 112 Galicia fora alertado a través das chamadas de varios particulares da proximidade ás vivendas dun lume no alpendre dun serradoiro.

Foron avisados, entre outros, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, GES de Sanxenxo, Bombeiros de Pontevedra e do Salnés Ribadumia, Garda Civil, Protección Civil de Poio e servizo de Medio da Xunta de Galicia.

Pola súa banda, o lume de Lalín iniciouse sobre as 6,00 horas. Queimou un alpendre que contiña varios aparellos eléctricos en Pareizo, Goiás. Unicamente quedou en pé a estrutura. Segundo a información achegada polo GES de Lalín, tratábase dun pequeno alpendre con cociña, baño e un sofá, ademais de varios bens que foron calcinados polas chamas.

Varios bombeiros traballan na extinción do lume de Folgoso do Courel, a 20 de xullo de 2022, en Folgoso do Courel, Lugo, Galicia (España). A Consellería de Medio Rural elevou a máis 1.400 os desaloxados por incendios en 80 núcleos nos lumes qu. Carlos Castro - Europa Press
Varios bombeiros traballan na extinción do lume de Folgoso do Courel, a 20 de xullo de 2022, en Folgoso do Courel, Lugo, Galicia (España). A Consellería de Medio Rural elevou a máis 1.400 os desaloxados por incendios en 80 núcleos nos lumes qu. Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta