Cancelado un voo en Lavacolla pola folga de Iberia

Outros tres enlaces resultaron atrasados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2022 | Actualizada ás 11:18

Comparte esta noticia

As folgas de tripulantes de cabina de Ryanair e Iberia Express causaron este martes en Santiago de Compostela a cancelación dun voo e atrasos noutro tres enlaces, segundo a información do sindicato USO. En concreto, o voo cancelado é un Iberia Express entre Santiago de Compostela e Madrid, mentres que a folga de Ryanair causou tres atrasos, dous en saídas e unha chegada.

A nivel estatal, hai catro cancelacións, que afectaron a Madrid, Palma de Mallorca e Santiago de Compostela. No que a atrasos respecta, o aeroporto do Prat foi o que maior número rexistrou, con oito, e seguíronlle Madrid-Barallas, con seis; Palma de Mallorca, con catro, e Alacante e Santiago, con tres cada un.

A convocatoria de folga en Ryanair esténdese desde o pasado 8 de agosto ata o 9 de xaneiro de 2023, de luns a xoves todas as semanas en Barcelona, Madrid, Palma de Mallorca, Xirona, Valencia, Eivissa, Málaga, Santiago de Compostela, Sevilla e Alacante.

Aeroporto de Lavacolla
Aeroporto de Lavacolla | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta