Xa podes viaxar en tren de forma gratuíta entre Ourense e A Coruña

O Consello de Ministros aprobou por real decreto lei a gratuidade dos servizos ferroviarios de media distancia Avant entre estas dúas localidades

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/09/2022 | Actualizada ás 19:30

Comparte esta noticia

O Consello de Ministros aprobou por real decreto lei a gratuidade dos servizos ferroviarios de media distancia Avant entre Ourense e A Coruña e entre Madrid e Salamanca, "por prestarse por rede convencional, e non de alta velocidade, como é o caso do resto de servizos Avant".

O acordo recolle que os títulos multiviaxe vendidos con anterioridade á entrada en vigor do desconto recolleito no Real Decreto-lei 11/2022, de 25 de xuño, e que se utilicen entre o 1 de setembro e o 31 de decembro de 2022, poderán solicitar a devolución de cada viaxe realizada nese período nas canles de posventa de Renfe.

En concreto, o Consello de Ministros aprobouno este martes mediante o Real Decreto-lei para a mellora das condicións de traballo e de Seguridade Social das persoas traballadoras ao servizo do fogar, do mesmo xeito que o prazo extraordinario de 10 días laborais para que os concellos poidan solicitar as axudas temporais aprobadas en xuño.

Nun primeiro momento, este traxecto (Ourense-A Coruña) quedaba excluído da campaña de abonos gratuítos para viaxeiros recorrentes que activou Renfe, pero o Goberno decidiu incorporalo e de aí este decreto.

Trens de proximidade parados nas vías da estación de trens, a 24  de agosto de 2022, en Santiago de Compostela / César Argina - Europa Press / Europa Press
Trens de proximidade parados nas vías da estación de trens, a 24 de agosto de 2022, en Santiago de Compostela / César Argina - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta