Unha "avalancha de viaxeiros" obriga a "improvisar reforzos" de autobús en Santiago

Os servizos de tren quedaron rapidamente cubertos pola campaña de descontos no transporte.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2022 | Actualizada ás 20:41

Comparte esta noticia

A falta de servizos de tren, motivada pola campaña de descontos no transporte, e o aumento do número de pasaxeiros polo fin de semana obrigou este venres a "improvisar" reforzos de autobús desde a intermodal compostelá.

En concreto, a compañía Monbús puxo en marcha "un número completamente extraordinario de reforzos" desde a intermodal por unha "inesperada avalancha de viaxeiros derivados do ferrocarril".

A compañía xa previra un incremento "notable" de usuarios debido á campaña de descontos de Renfe e a proximidade do fin de semana. Con todo, apuntan, desde as 14,00 horas, Monbús "viuse obrigada a asumir a centenares de persoas cuxa intención inicial era viaxar en tren, que carece de servizo de reforzos".

Monbus puxo en marcha un dispositivo especial para atender "a incesante chegada de usuarios". Nunha franxa de tres horas e media realizouse máis de 20 reforzos para atender as liñas que conectan a capital galega cos núcleos de poboación máis importantes da comunidade, como Ferrol, Vigo, Ourense ou Lalín.

Viaxeiros na estación de autobuses de Santiago. MONBÚS
Viaxeiros na estación de autobuses de Santiago. MONBÚS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta