Leve suba dos hospitalizados con Covid en Galicia, mentres os casos seguen estancados

A Xunta non comunicou falecidos desde o pasado martes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/09/2022 | Actualizada ás 10:59

Comparte esta noticia

Os hospitalizados con Covid-19 en Galicia ascenden a 133, dos que 126 (+6) están en planta e sete en UCI. Ademais, este luns tampouco se rexistrou ningún falecemento, polo que desde o martes pasado o Sergas non notificou ningunha morte con Covid en Galicia e a cifra global mantense en 3.902.

Pese ao aumento de pacientes nos centros hospitalarios, os casos activos baixan en Galicia ata os 1.312, fronte aos 1.425 notificados pola Consellería de Sanidade o pasado sábado. Segundo as cifras ofrecidas este luns con datos recolleitos ata as 18,00 horas do domingo, 676.653 persoas contaxiáronse desde o inicio da pandemia. Así mesmo, recuperáronse desde que comezou a crise sanitaria un total de 671.548, 253 máis que na última xornada.

ÁREAS SANITARIAS

En relación ao número de casos activos, descenden en todas as áreas sanitarias. En concreto, a que conta coa maior cifra é a de Ourense, con 274 (-38), seguida da da Coruña Cee, con 224 (-4); a de Lugo, con 218 (-13); e Vigo, con 215 (-25). Así mesmo, rexistra 181 infeccións activas a área de Santiago (-5), 113 a de Pontevedra (-12) e 83 a de Ferrol (-16).

En canto a presión hospitalaria, a área con máis pacientes en UCI son A Coruña e Ourense, con dúas cada unha. En Ferrol, Santiago e Pontevedra hai unha persoa hospitalizada nas súas unidades de coidados intensivos, mentres que en Vigo e en Lugo non se rexistran pacientes en UCI.

Por outra banda, a área da Coruña ten 33 pacientes en hospitalización convencional; 27 (+6) están en Ourense, 14 en Pontevedra (+1) e seis en Ferrol (-2). Na área de Vigo mantéñense 14 ingresados; na de Santiago, en 12 e na de Lugo soben aos 20 (+1).

A terraza dun bar, na praza do Obradoiro / César Argina - Europa Press. / Europa Press
A terraza dun bar, na praza do Obradoiro / César Argina - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta