Familiares do Pitanxo temen que a petición de Fiscalía dilate máis a causa, polo que presentarán alegacións

Por E.P. | VIGO | 27/09/2022 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

Familiares de vítimas do naufraxio do pesqueiro galego 'Villa de Pitanxo', afundido o pasado 15 de febreiro a 450 quilómetros das cousas de Terranova (Canadá), temen que a petición de Fiscalía de que o accidente sexa investigado polos Xulgados de Vigo dilate "aínda máis" a causa.

Nun audio difundido aos medios de comunicación, a portavoz das familias, María José de Pazos, trasladou a "tristeza e o pesar" dos familiares, xa que esta decisión do fiscal podería dilatar máis a situación, despois de que xa transcorresen oito meses do naufraxio.

Así, explicou que hai uns meses o fiscal tamén apuntara cara aos Xulgados de Marín para que investigasen a causa "e agora Vigo", a pesar de que foi a principios deste mes cando o xuíz da Audiencia Nacional Ismael Moreno acordou asumir a competencia do tribunal para investigar o afundimento.

De Pazos mostrou o seu medo a que "se perdan probas, que non se custodien ou que non se poidan pedir outras novas". "Non é bo para ninguén, sobre todo para as partes que queremos saber a verdade", engadiu. Desta maneira, indicou que as familias presentarán alegacións xa que non están conformes ao criterio do fiscal "e actuarán en consecuencia".

Todo iso tras coñecerse este martes que a Fiscalía da Audiencia Nacional recorreu a decisión do xuíz e pediu que a investigación do naufraxio, no que faleceron 21 dos 24 mariñeiros a bordo do barco, sexa asumida polos Xulgados de Vigo.

Arquivo - A portavoz das familias, María José de Pazos.. Jesús Hellín - Europa Press - Arquivo
Arquivo - A portavoz das familias, María José de Pazos.. Jesús Hellín - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta