Pilar Alegría recoñece o labor de 'Ponte...nas ondas!': "dálle visibilidade a ese tesouro invisible que é a lingua"

Este programa reivindica a inclusión do patrimonio cultural galego-portugués nos currículos dos sistemas educativos galego e portugués mediante emisións radiofónicas e audiovisuais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2022 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

A ministra de Educación, Pilar Alegría, felicitou por carta á Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas! polo seu labor por "visibilizar e revitalizar o patrimonio cultural inmaterial". Este patrimonio, continúa a responsable estatal de Educación na misiva, "contribúe ao benestar e á calidade de vida das sociedades, fomentando o aproveitamento social e económico das poboacións dunha forma ecolóxica e responsablemente sustentable".

Defende Alegría que "contribuír hoxe en día a darlle visibilidade a ese tesouro invisible que é a lingua que comparten dúas comunidades desde a época medieval" é "fundamental para preservar o patrimonio cultural que moitas veces reside fóra da educación formal".

Destaca tamén a relevancia dunha pedagoxía "activa, participativa e crítica" qu sitúe no centro do proceso ao alumnado dos diferentes niveis escolares, como é o caso, cualificándoo ademais de "valor engadido á educación".

"O proxecto demostrou unha solidez e uns principios pedagóxicos que lonxe de quedar anquilosados, souberon adaptarse aos novos ámbitos da comunicación para constituír un modelo exemplar de retransmisión do patrimonio", continúa.

A iniciativa 'Ponte...nas ondas!', lembran no comunicado, reivindica a inclusión do patrimonio cultural galego-portugués nos currículos dos sistemas educativos galego e portugués mediante emisións radiofónicas e audiovisuais.

CEIP García Barbón
CEIP García Barbón | Fonte: Ponte nas Ondas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta