A Universidade da Coruña avaliará a demanda turística no Camiño Inglés

Por E.P. | A Coruña | 14/10/2022 | Actualizada ás 15:25

Comparte esta noticia

As profesoras da Facultade de Turismo da Universidade da Coruña (UDC) Antonia Pérez García e Iria Caamaño Franco realizarán un estudo sobre a demanda turística no Camiño Inglés para identificar o perfil das persoas que peregrinan a Compostela escollendo esta ruta.

Este estudo, informa o reitorado, dá continuidade ao realizado no ano 2021, actualizando os datos co fin de facer unha análise comparativz e evolutivo de forma que estes traballos se convertan nun observatorio que recolla os principais indicadores e resultados asociados ao Camiño Inglés.

O reitor da UDC, Julio Abalde, e o presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás
O reitor da UDC, Julio Abalde, e o presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás | Fonte: UDC.

O mesmo ten como obxectivo adaptar, definir e aplicar estratexias, así como accións do ámbito turístico que sexan eficaces nesta materia.

O informe está promovido pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés, cuxo presidente, Manuel Mirás, informou o reitor da UDC, Xullo Abalde, dos detalles do acordo entre ambas as institucións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta