BNG e Más País piden que os colexios maiores segregados por sexo non reciban financiamento público

Presentan no Congreso dos Deputados senllas emendas ao proxecto de Lei Orgánica do Sistema Universitario (LOSU).

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 14/10/2022 | Actualizada ás 15:56

Comparte esta noticia

Más País-Verdes Equo e o Bloque Nacionalista Galego (BNG) presentaron no Congreso dos Deputados senllas emendas ao proxecto de Lei Orgánica do Sistema Universitario (LOSU) nas que piden que aqueles colexios maiores universitarios que segreguen por sexo non reciban financiamento público.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego | Fonte: BNG.

Ambas as formacións presentaron estas emendas despois de que a semana pasada se fixese viral un vídeo en redes sociais no que alumnos do Colexio Maior masculino Elías Ahúja amedrentan as súas veciñas do CMU Santa Mónica-- feminino -- proferíndolles berros como "ninfómanas", "putas" e "imos fodervos", aínda que algunhas increpadas valoraron que se sacou "de contexto" e que non se sentían "ofendidas".

En concreto, o BNG presentou unha emenda que establece que "os colexios maiores universitarios só poderán ser xestionados e promovidos por entidades sen ánimo de lucro ou polas propias universidades de forma directa, e a forma de acceso aos mesmos responderá prioritaria e fundamentalmente a criterios socioeconómicos sen prexuízo dos criterios académicos e doutros criterios que, de conformidade cos principios de igualdade e inclusión, poidan, no seu caso, establecer as bases reguladoras atendendo á discapacidade e as súas necesidades de apoio, á orixe nacional e étnica, ás circunstancias sociais, cargas familiares, situacións de violencia de xénero e outras formas de violencia contra a muller, así como outras características específicas do estudiantado".

Neste contexto, o Ministerio de Universidades traballará para que se aprobe a emenda ao proxecto da LOSU presentada por Más País-Verdes Equo para prohibir que os colexios privados non mixtos ou segregados poidan adscribirse a universidades públicas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta