Medios aéreos buscan ao veciño da Rúa desaparecido o mércores

O home, de 81 anos, mide 1,50 metros, pesa uns 50 quilos, presenta xordeira e falta de visión.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2022 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

Un helicóptero da Garda Civil e drones da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) incorporáronse ao operativo de procura do veciño da Rúa (Ourense) de 81 anos de idade que leva desaparecido desde o mércores.

Segundo informan a Europa Press o Instituto Armado e o 112 Galicia, a situación meteorolóxica e a visibilidade melloraron ao longo da mañá deste xoves, polo que finalmente os medios aéreos si puideron participar no dispositivo.

Foi un familiar quen daba a voz de alarma pouco antes das 22,00 do mércores para solicitar axuda para localizar ao ancián, ao que se lle viu na súa leira sobre a hora da comida. O alertante indicaba que adoitaba dar un paseo pola zona onde vivía, no lugar de San Xulián.

O home, de 81 anos, mide 1,50 metros, pesa uns 50 quilos, presenta xordeira e falta de visión, entre outros problemas de saúde, de acordo cos datos que manexa o dispositivo de procura.

Os labores contan cun amplo operativo no que participan axentes da Benemérita, de Protección Civil, da Policía Local da Rúa e veciños do municipio. Participan na procura, especialmente complicada por tratarse dunha zona de montaña, axentes e cans do Servizo Cinolóxico da Garda Civil.

Ancián de 81 anos desaparecido na Rúa (Ourense).. GARDA CIVIL
Ancián de 81 anos desaparecido na Rúa (Ourense).. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta