Morre tras impactar contra dous postes de telefonía e unha casa en Carballo

O conductor tiña 47 anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2022 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

Un home de 47 anos faleceu nun accidente de circulación rexistrado na noite do domingo no municipio coruñés de Carballo.

O sinistro produciuse no punto quilométrico 2 da estrada DP-1914 á altura do lugar de Vivente, onde o vehículo no que viaxaba impactou contra dous postes de telefonía e unha vivenda, segundo informaron fontes dos servizos de emerxencia.

O falecido resultou atrapado no interior do coche, polo que foi necesaria a intervención dos bombeiros de Carballo para acceder á vítima. Unha vez liberado, os servizos sanitario unicamente puideron certificar a morte do condutor.

Accidente de tráfico mortal
Accidente de tráfico mortal | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta