A chegada dos fondos Next Generation a Galicia sigue rodeada de "incertezas", segundo Rueda

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2022 | Actualizada ás 16:16

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, insistiu en que o Goberno central debe despexar as "incertezas" sobre a repartición de fondos Next Generation para permitir que poidan "acelerarse" os proxectos industriais promovidos en Galicia.

O mandatario autonómico participou este luns nunha reunión co comité técnico de 'Sociedade Impulsa Galicia', organismo impulsado por Abanca, Reganosa, Sogama e a Xunta para impulsar os proxectos "estratéxicos".

Segundo recolle un comunicado da Administración autonómica, durante o encontro abordaron a situación destas iniciativas, asociadas á chegada de fondos europeos extraordinarios.

Por iso, Alfonso Rueda reiterou que existe "preocupación" entre os promotores destes proxectos, polo que incidiu na importancia de que o Executivo central axilice a súa xestión e distribución.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantén unha reunión co comité técnico de Sociedade Impulsa Galicia.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantén unha reunión co comité técnico de Sociedade Impulsa Galicia. | Fonte: David Cabezón

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta