Ferido un operario dunha auxiliar de Navantia ao precipitarse dende 12 metros ao interior do dique seco

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 21/11/2022 | Actualizada ás 16:28

Comparte esta noticia

Un operario da compañía Indasa, auxiliar no estaleiro de Navantia Ferrol, resultou ferido ao precipitarse ao interior do dique seco desde unha altura de 12 metros.

O accidente produciuse este luns no estaleiro ferrolán, ao que acudiron os equipos sanitarios cos que conta a propia Navantia, que procederon a evacuar ao ferido a un centro hospitalario de Ferrol.

O traballador, que permaneceu consciente en todo momento, estaba a realizar o seu labor cos equipos de protección individual (EPI) para este tipo de traballos.

Segundo as fontes consultadas por Europa Press, o incidente produciuse no momento no que o traballador procedía a cambiar de punto de fixación do seu arnés e tropezou supostamente cunhas mangueiras.

Neste momento, o dique está ocupado cun buque gasero que está a ser reparado. A empresa naval pública xa ten aberta unha investigación para esclarecer este accidente laboral.

Persoal de Navantia, industria auxiliar e armadora
Persoal de Navantia, industria auxiliar e armadora | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta