Cincuenta unidades de atención temperá para previr e tratar problemas de desenvolvemento en nenos de 200 municipios

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/11/2022 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, sinalou este sábado que a atención temperá é "fundamental" para previr, identificar e tratar anomalías no desenvolvemento ou nas habilidades dos nenos.

Abeijón participou no 25 aniversario da Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT), que reuniu no Teatro Cinema Elma da Pobra a profesionais, familiares e nenos usuarios deste servizo.

O director xeral felicitou a AGAT polo seu traballo, "moi importante para que os nenos gañen en autonomía e en calidade de vida cando sexan maiores".

Neste senso, indicou que o Goberno galego continuará impulsando a rede galega de atención temperá, que alcanzará as 50 unidades en funcionamento por toda Galicia antes de que finalice o ano e coas que se dará cobertura a familias de ao redor de 200 municipios.

Nenos pintando
Nenos pintando | Fonte: Icomem

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta