A investigación polos incendios na Rede Natura en Ourense sigue aberta e non se descarta a vía penal

A plataforma 'Por un Monte Galego con Futuro' reclama un protocolo de actuación para minimizar os danos polos lumes

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 28/11/2022 | Actualizada ás 18:07

Comparte esta noticia

A Fiscalía de Medio Ambiente de Galicia continúa coa investigación sobre as causas da vaga de lumes "que arrasou a Rede Natura en Ourense este verán", segundo informan desde a plataforma 'Por un Monte Galego con Futuro'.

Respecto diso, explican que as dilixencias "aínda que van na procura de responsabilidades administrativas, non descartan a vía penal".

Nun comunicado, explican que varios representantes das entidades que integran a plataforma mantiveron unha reunión en Ourense coa fiscala delegada de Medio Ambiente "para coñecer a situación procesual da denuncia interposta por eles, na que se sinalaba á Xunta como responsable por inacción do alcance do desastre ambiental causado pola vaga de lumes".

Estas entidades denunciaron, a finais do verán, "o deixamento do goberno da Xunta de Galicia ante a vaga de lumes que, nos meses de xullo e agosto, arrasaron os montes e ecosistemas de máis valor de Galicia".

As organizacións responsabilizan á Consellería de Medio Rural por entender que houbo, pola súa banda, unha "inacción" ante os lumes e reclaman un protocolo de actuación "para minimizar os efectos dos incendios sobre a fauna ou para recoller os animais feridos e tratar de curalos nos centros de recuperación de fauna salvaxe xestionados pola Consellería de Medio Ambiente".

"Ademais, despois da extinción dos lumes, non se tomou ningunha medida para reducir o dano causado como a retirada das cinzas para que non contaminen as augas ou a recuperación da avifauna", indica Xosé Santos, portavoz da Plataforma 'Por un Monte Galego con Futuro'.

Brigadas forestais e veciños colaboraron no control das lapas dos incendios forestais, lonxe das vivendas, en Cudeiro (Ourense)
Brigadas forestais e veciños colaboraron no control das lapas dos incendios forestais, lonxe das vivendas, en Cudeiro (Ourense) | Fonte: Rosa Veiga

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta