Acordo entre Abanca e asociacións de comerciantes de centros históricos para apoiar o comercio de proximidade

No texto tamén se recollen produtos e servizos que permitan realizar investimentos e reforzar a competitividade dos negocios adheridos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/12/2022 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

Abanca e a Confederación Nacional de Asociacións de Comerciantes de Centros históricos de España (Cocahi) asinaron un acordo de colaboración para dar apoio ao comercio de proximidade, tal e como escenificaron este luns o director de Territorios e Redes de Abanca, Gerardo Carlos Fortes Ayerdi, e o presidente de Cocahi, José Manuel Bello Rey.

A través deste acordo, os comerciantes adheridos terán acceso ás vantaxes que se inclúen no documento, no que destaca un plan de financiamento deseñado polo banco e a confederación para dar resposta ás necesidades do colectivo.

No texto tamén se recollen produtos e servizos que permitan realizar investimentos e reforzar a competitividade dos negocios adheridos. Deste xeito, poderán acceder a produtos deseñados especificamente, como préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e intereses moi competitivos.

Así mesmo, para cubrir as posibles necesidades que xurdan ao redor da actividade diaria do comercio, os documentos recollen outros produtos e servizos, como as pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais, confirming ou factoring. Abanca tamén activa as liñas de financiamento actuais do ICO para reforzar o apoio ás necesidades dos comercios e proporcionar solucións ante a crise.

A maiores, estas asociacións de comerciantes poderán acceder a condicións melloradas na contratación de TPV físicos e virtuais. Estes últimos aumentaron o seu uso notablemente nos últimos tempos debido ao incremento das compras por Internet. Os adheridos tamén poderán beneficiarse das vantaxes que lles ofrece o Programa Servizos Abanca, que permite aforrar no pago dos servizos bancarios máis habituais.

Logo de Abanca. ABANCA
Logo de Abanca. ABANCA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta