Álex Marque volve a Portugal

O ciclista estradende ficha con 33 anos polo Efapel portugués tras unha tempada perdida por un falso positivo. Leva con el o tamén estradense Óscar González, campión sub-23 contra o reloxo.

Por gcdeportes | A Estrada | 26/11/2014 | Actualizada ás 08:50

Comparte esta noticia

Volverá a loitar pola Volta a Portugal, esa que de xeito tan brillante gañou en 2013. Álex Marque (A Estrada, 23-outubro-1981) ficha por un dos equipos máis emblemáticos de Portugal, o Efapel-Glassdrive. Ao seu carón pedaleará Óscar González, tamén estradense e campión de España sub-23 contra o reloxo este ano en Ponferrada.

Álex Marque, a semana pasada co cartel da marcha Non máis bágoas!
Álex Marque, a semana pasada co cartel da marcha Non máis bágoas! | Fonte: @ASCIGA

Tras un ano perdido por mor de Movistar, que lle rescindiu de xeito unileteral o contrato por un falso positivo, Álex Marque volverá a competir no pelotón portugués. Pechadas as portas en España (só quedan dous equipos), varios foron os equipos do país veciño que se interesaron polo estradense, que se decantou polo Efapel-Glassdrive, grande rival do OFM-Quinta da Lixa, o equipo co que gañou a carreira lusa en 2013. “Xa sei o difícil que é gañar unha Volta a Portugal, pero loitaremos para chegar ao 100% a vindeira edición”, afirmou o estradense.

Sen equipo aínda a pesares de ter gañado o campionato de España sub-23 contra o reloxo, o tamén estradense Óscar González acompañará a Álex Marque na súa fichaxe polo Efapel. Compañeiros de grupeta nos adestramentos, o ciclista ex do Super Froiz é tamén curmán de Ezequiel Mosquera.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta