O prezo do alugueiro en Galicia sobe un 5,2% en 2022, máis do dobre ao que o limita o Goberno central

No conxunto do Estado a suba foi do 8,4%, segundo Idealista.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2022 | Actualizada ás 10:50

Comparte esta noticia

O prezo da vivenda en aluguer en Galicia subiu un 5,1% durante o ano 2022, ata alcanzar os 7,7 euros por metro cadrado, segundo o último informe publicado polo portal inmobiliario Idealista.

Esta web sinalou nun comunicado, difundido este xoves, que o dato galego contrasta coa media estatal, que mostra unha subida do 8,4%, o que deixa o metro cadrado en 11,4 euros.

As catro provincias galegas rexistraron un comportamento alcista no prezo dos alugueres de vivenda, encabezado por Ourense, que experimentou un aumento do 14,4%. Séguenlle as provincias de Lugo (10,8%), A Coruña (5,4%) e Pontevedra (2,3%).

Ademais, Lugo mantense como a provincia máis barata de Galicia, con 5,9 euros mensuais por metro cadrado, seguida de Ourense, con 6,3 euros. A máis cara é Pontevedra (8,9 euros por metro cadrado), seguida pola Coruña, con 7,4 euros.

DATOS POR CIDADES

De forma máis detallada, durante os últimos 12 meses o prezo da vivenda en aluguer subiu un 15,9% en Ourense e un 9,5% en Santiago. Mentres, Vigo é a cidade na que menos se notou o comportamento alcista dos prezos, xa que o encarecemento sitúase no 1%.

Aínda así, Vigo mantense como a cidade galega máis exclusiva, con 9,2 euros o metro cadrado, en contraste con Lugo, a máis económica, co metro cadrado a 6,2 euros.

Vivenda en aluguer
Vivenda en aluguer | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta