Rueda despide o ano con críticas a Sánchez: "Pedimos que remate o agravio con Galicia"

A Xunta declara estratéxico o plan de Altri en Palas e Rueda e pide axuda dos Perte ao Goberno galego para desenvolver o proxecto.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2022 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

O Goberno galego autorizou na súa última reunión do ano a declaración como proxecto industrial estratéxico a fábrica de fibras téxtiles que a compañía portuguesa Altri prevé instalar en Palas de Rei e crear, cando estea plenamente desenvolvida, ata 2.500 empregos directos e indirectos.

O paso anunciouno, ao termo do Consello da Xunta, o presidente autonómico, Alfonso Rueda, quen lembrou que esta declaración supón unha redución significativa dos tempos para a tramitación de proxectos que o Goberno galego entende que teñen un carácter estratéxico para Galicia.

Ademais, puxo o foco no Goberno que dirixe Pedro Sánchez e advertiu que o proxecto de Altri necesita de fondos Next Generation, dos que aínda non ten noticias confirmadas. E de que se prioricen as súas necesidades noutras cuestións, como a planificación eléctrica.

"Seguiremos esperando. Igual que se consigna financiamento para proxectos noutros lugares, pedimos o mesmo trato para os galegos", advertiu, para engadir que, se hai este respaldo de financiamento por parte do Executivo estatal, o plan de Altri "irá adiante" e suporá "un antes e un despois" para Galicia.

En concreto, mentres firmas como Altri ou Stellantis seguen pendentes da evolución dos Perte, Rueda queixouse de que o Boletín Oficial do Estado (BOE) ratifique a dotación de recursos directos para plans de comunidades como "Valencia ou Cataluña" que, baixo o seu punto de vista, teñen "interese electoral" para Sánchez.

"Destínanse cantidades moi importantes a sectores que en Galicia tamén teñen proxectos maduros, e aquí ou silencio ou largas. Ese é o agravio", manifestou, para concluír que o PSdeG debería ter "algo que dicir" respecto diso, e insistir en que esta actitude debe cambiar.

Rueda preside o Consello da Xunta
Rueda preside o Consello da Xunta | Fonte: Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta