A CIG non asinou o convenio de Xeal por "profundar nos recortes" e "non representar a vontade dos traballadores"

Para o sindicato este convenio suporá, ademais, unha "involución nos dereitos laborais, salariais e sociais do conxunto do persoal

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2022 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

A CIG explicou que non asinou o recentemente conseguido convenio de Xeal por, aseguran, "profundar nos recortes, non contar co comité nin someterse á asemblea de traballadores".

Nun comunicado, argumentan que o texto --asinado este mércores entre a dirección e as seccións sindicais de CXT, UXT e USO-- "aínda que poida ter validez legal, é inmoral e carece de lexitimidade porque non representa a vontade dos traballadores das fábricas nin das centrais hidroeléctricas".

Para o sindicato este convenio suporá, ademais, unha "involución nos dereitos laborais, salariais e sociais do conxunto do persoal; e menos aínda cando a empresa se está enchendo os petos a conta de explotar os recursos naturais que son de todos".

No económico, critican que non se garanta o poder adquisitivo dos salarios ao non contemplar unha cláusula de revisión conforme ao IPC real, ademais de perder o complemento por IT en caso de enfermidade común; mentres que en caso de accidente laboral aceptan que sexa o comité de seguridade e saúde o que dea o visto e prace para poder cobrar o 100%.

"Este convenio é un traxe feito a medida de XEAL, pensado mesmo para que non volva facer contratacións", afirman. Neste sentido, explican que se modifica o sistema de rotacións de postos para crear unha quinta quenda no que se impón ao persoal 17 días de vacacións, "que non compensan cos mesmos días de bolsa e no que o traballador empeza xa o ano debendo días á empresa, que pode dispor destas xornadas á súa antollo".

Así, continúan, desaparecen as contratacións para substituír as vacacións do persoal, ademais de anularse o parágrafo do convenio polo que se obriga á empresa a contratar en caso de pasar dun determinado número de horas extraordinarias.

"A isto hai que engadir a perda de contratación temporal en prácticas e a figura do médico da empresa, o lote de Nadal e o establecemento dunha xornada de mantemento de día que resulta completamente discriminatoria", lamentan.

Concentración dos traballadores de Xeal nunha xornada de folga
Concentración dos traballadores de Xeal nunha xornada de folga | Fonte: CIG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta