SOS Sanidade Pública manterá unha rolda de contacto con líderes políticos para preparar a manifestación de febreiro

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2023 | Actualizada ás 17:39

Comparte esta noticia

A Plataforma SOS Sanidade Pública manterá unha rolda de contactos con distintos líderes políticos de cara a preparar a manifestación que teñen convocada o próximo 12 de febreiro en Santiago de Compostela pola defensa da Atención Primaria.

Así, e aínda que aínda manteñen abertos os contactos para fixar máis encontros, xa está pechado que se reunirán este martes, día 17, co secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso. Esa mesma xornada manterán un encontro co alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Ademais, o xoves 19 de xaneiro, a plataforma reunirase co coordinador autonómico de Podemos Galicia, Borja San Ramón, e o 23 de xaneiro será a quenda da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.

Concetración de SOS Sanidade Pública en Vigo
Concetración de SOS Sanidade Pública en Vigo | Fonte: JAVIER VÁZQUEZ

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta