Comeza a campaña do 9M

E o fai con polémica. Remitennos dende Arxentina unha mensaxe na que denuncia que o PP estivo pedindo o voto nos últimos días...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 22/02/2008 | Actualizada ás 02:30

Comparte esta noticia

Ademais falando coa xente, non son eu o unico q recibiu unha chamada, senon q o PP esta chamando a moita xente. O mais raro de todo e q chamaron a miña casa, preguntando pola miña irma ... e eu non sei como poden ter o meu telefono co nome da miña irma, xq miña irma non participa nin participou nunca da colectividade galega, o unico achegamento e q ten a cidadania española, pero non lembro q pediran o telefono no Rexistro Civil. Pola outra banda, si no Rexistro Civil do Consulado pedironme o telefono, hai xente dentro do Rexistro Civil traballando para o PP, xq no arquivo do CERA, que eu saiba, non figuran telefonos.

 

A campaña entre o PP e o PSOE eiqui xa e unha guerra aberta, con carteles pola rua, avisos nos medios de prensa e demais ... parece q estean presentandose para candidatos daqui. Polo q eu vexo, o PSOE sabe q o seu bastion de xente esta fora da colectividade e x iso estan facendo moita difusion en espacios publicos da cidade, mentras q o PP soo esta facendo publicidade nos espacios publicos nas zonas mais centricas, e baseando a sua campaña na colectividade, apoiada pola vella estructura caciquil da epoca fraguista. Os do Bloque aquí nin existen".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 61 comentarios

51 cachada

ah e non fai falla que me veñas con citas eruditas. deixa en paz aos mortos. deixa que a levedade da terra e do ar acompañe para sempre a manuel maria. non preciso que me ensines o que escribiu e o que pensaba. coñezo moi ben e mesmo cheguei a coñecelo e admiralo a el en vida.

respecto do asunto barro ... enfín ... dubido moito que sexas ti dos que se luxan as mans coa terra, máis ben pareces dos que lles gosta en demasía dirixir ao pobo máis que moldealo.

50 cachada

no tabasa, non.
ninguén di que sexa a conselleria do medio rural a que lle pon lume aos montes. non fagas demagoxia que non cola. falase soio de ocultacion premeditada dos datos e tamén dun montón de hectareas queimadas en poucos días. falase tamen de que pudo evitarse que moitas desas hectareas non arderan se canal&casal&mouriño actuaran con sentidiño. se habia risco a que viña ter no paro a aprox. 1/3 dos traballadores da plantilla?

e no de poñer lume, infórmate de cómo medio rural fai o que eufemísticamente se mal chama "queimas controladas", informate de cantas hectareas se queiman con ese sistema antiecolóxíco e informate tamén de qué empresas o fan, canto cobran por elo e tamén, de paso, as veces que se lle ten ido das mans o asunto, ao mellor incluso en algún espazo da rede natura.

49 tabasa

Non,se o final,a Consellería do Medio Rural é o que prende " os lumes ",o que hai que ler,...." GALIZA SOMOS NÓS , A XENTE MAILA FALA , SE BUSCAS A GALIZA , EN TÍ TES QUE ATOPALA ".....Manuel María,o poeta da TerraChá,e pra rematar outra de Castelao..." Para moldear un pobo de barro , hai que luxarse as mans ",polo tanto eu votárei pola terra,adiante co BNG

48 cachada

Titulares de ourensedixital
- Medio Rural oculta los incendios forestales que estos días se están produciendo en Galicia

- Pese a que Medio Rural lo oculta, hasta 2.000 hectáreas podrían haber ardido en A Veiga y Conso

- Muerto el perro se acabó la rabia. Ya ninguna página dice aquello de “non se rexistra ningunha incidencia”. Se cambió por otra.
- Medio Rural suprime en su web la información relativa a las “incidencias diarias” en incendios forestales.

sobran as palabras para ver como as gastan na conselleria de medio rural

as datas ás que se refiren os titulares de ourensedixital.com correspóndense cos días 18-21 de febreiro deste mes no que estamos.

http://www.ourensedixital.com/_nova...

si, home si ... os do bloque quérenlle ao país de carallo ou máis ben de boquilla.
chega con entrar na paxina de medio rural - seccion agader e ver as subvencións que conceden para conachadas varias ...

47 Luz Naveira

Eu vou votar polo Bloque, porque o PSOE é o mesmiño que o PP, defenden o mesmo modelo económico, e ademáis non crén na nosa terra.