Comeza a campaña do 9M

E o fai con polémica. Remitennos dende Arxentina unha mensaxe na que denuncia que o PP estivo pedindo o voto nos últimos días...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 22/02/2008 | Actualizada ás 02:30

Comparte esta noticia

Ademais falando coa xente, non son eu o unico q recibiu unha chamada, senon q o PP esta chamando a moita xente. O mais raro de todo e q chamaron a miña casa, preguntando pola miña irma ... e eu non sei como poden ter o meu telefono co nome da miña irma, xq miña irma non participa nin participou nunca da colectividade galega, o unico achegamento e q ten a cidadania española, pero non lembro q pediran o telefono no Rexistro Civil. Pola outra banda, si no Rexistro Civil do Consulado pedironme o telefono, hai xente dentro do Rexistro Civil traballando para o PP, xq no arquivo do CERA, que eu saiba, non figuran telefonos.

 

A campaña entre o PP e o PSOE eiqui xa e unha guerra aberta, con carteles pola rua, avisos nos medios de prensa e demais ... parece q estean presentandose para candidatos daqui. Polo q eu vexo, o PSOE sabe q o seu bastion de xente esta fora da colectividade e x iso estan facendo moita difusion en espacios publicos da cidade, mentras q o PP soo esta facendo publicidade nos espacios publicos nas zonas mais centricas, e baseando a sua campaña na colectividade, apoiada pola vella estructura caciquil da epoca fraguista. Os do Bloque aquí nin existen".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 61 comentarios

41 Bule bule

Tes razón en que pouco importa en vilagarcía, o que faga Caballero en Vigo. Dime Óscar, cales son as principais cidades de Pontevedra?? Pontevedra (80.000 habitantes) e Vigo (300.000 habitantes). Cantos posibles votantes en total?? 300.000. Cantos votos lle vai sacar o PP ó PSOE nestas cidades?? Non lle boto menos de 40.000 ou 50.000 votos de diferenza. E segundo ti, estes dous partidos van estar empatados en intención de voto. Alucinante!!! Moitos votos ten que recoller o PSOE no resto da provincia para igualar non cres? Tanto PP coma o PSOE, levan anos pasando de Vigo. E iso sae caro a nivel electoral.
Ti dis que a xente non se fixa na xestión dos alcaldes..Mira, Zapatero, Rajoy están moi lonxe. Se un alcalde o está a facer ben, arrastra xente para o seu partido. Se o fai mal, pasa o mesmo. Pero según ti, iso non ocorre có PSOE. Curioso.....

40 Bule bule

Mala xestión do BNG?? Deixa que me ría.
Por iso en Pontevedra, vai camiño de 12 anos de goberno, verdade Óscar?? A pesar das pataletas dos dirixentes do PSOE. O que pasa é que Lores vos mantén a raia e iso non gusta. De feito a súa primeira lexislatura gobernou en solitario. Por iso o PP copia o programa do BNG para poder facer algo nesa cidade non?? Ó único que ten o PSOE nesa cidade é unha señora de 65 anos que lle gusta sacarse anos nos carteis electorais coma Fraga. Senón pregunta a algún pontevedrés cantos anos di ela que ten. Ah...por certo, e ten tantas gañas de ser alcaldesa que estivo a punto de pactar co PP. Lle tiveron que parar os pés dende Santiago ( E todo isto é verdade). De risa!! A quen ides a colocar nas próximas eleccións??O Bombeiro Torero??
En Vigo..Ti falas de Castrillo, moi ben..Non me fan falta mirar a páxina que che puxen. No ano 99 foi alcalde con 35.000 votos. No 2003, conseguiu 40.000. Aumentou a intención de voto en 5.000 persoas. Se miras os resultados, foi a primeira vez que un partido que estaba no goberno en Vigo, aumentou o nº de votos nas seguintes eleccións.
Non vou entrar en política interna de Vigo, das "perradas" que tivo que aguantar do PSOE. Queres algunha??: os últimos orzamentos do seu mandato foron aprobados cos votos do PP e do PSOE. E o PP e o PSOE, fixeron todo o que poideron e máis para botar abaixo a política de Humanizacións de rúas que agora eles se colocan medallas. Pero claro, os que rompen o pacto e os que chegan a acordos co PP son os do BNG.
Ti falas de que non queren saber nada de Castrillo. Dime meu rei, non te estarás a trabucar con Ventura I e o PSOE?? A este señor, a señora Porteiro chamoulle "líder emerxente". Onde está o "líder emerxente"? Os socialistas agora poñen cara de póker cando lles mencionan este nome. O mesmo pasará con Caballero, de resultas que dentro dun pouco, ninguén saberá como se chaman os dous últimos alcaldes do PSOE de Vigo.
A algunhas persoas, lles escocía o poder que estaba acadando o BNG. Ti falas de baixadas do Bloque. Que pasa Óscar??, non te acordas, dos revolcóns que lles estaba a meter o PSOE nesa época?? Por iso tanta fixación dos socialistas co bloque. Se teñen que entregar alcaldías o PP, entreganllas. Se teñen que pactar co PP, pactan.
Sabes?? Algunhas veces non me importaría que o BNG pactara co PP?? Eles tamén meten puñaladas. Pero, ó menos, as dan de frente. Se eu estivera en política, tería claro unha cousa: nunca darlle a espalda a un socialista.
Ti falas de discurso fácil?? Por favor, escoita os futuros deputados do PSOE. Están a un chisco de dicir iso de "Vota PSOE por que é chachi!!". Claro, iso é dunha profundidade que racha. Alta política. E para que vexas que non fago distincións o mesmo se pode dicir do PP. :D
Para rematar, polo meu traballo teño que desplazarme o longo da provincia. E aínda non vin nin un só cartel do cabeza de lista do PSOE de Pontevedra. Ou é tímido ou se considera feo. :D

39 Bule bule

Queres porra?? Moi ben:

Galicia:
PP (45 % e 12 deputados); PSOE (33 % e 9 deputados); BNG (14 % e 2 deputados).

España:
PSOE (42 % e 163 deputados); PP (38 % e 155 deputados): IU ( 5 % e 5 deputados); CiU (3,20 % e 9 deputados); PNV (1,5 % e 7 deputados); ERC (2,20 % e 5 deputados); BNG (1,1 % e 2 deputados); CC (0,9 % e 2 deputados); NAbai (0,6 % e 1 deputado); ChA (0,6 % e 1 deputado).

Que gañe o mellor. :D

38 cachada

as datas ás que se refiren os titulares de ourensedixital.com correspóndense cos días 18-21 de febreiro deste mes no que estamos.

http://www.ourensedixital.com/_nova...

37 cachada

Titulares de ourensedixital
- Medio Rural oculta los incendios forestales que estos días se están produciendo en Galicia

- Pese a que Medio Rural lo oculta, hasta 2.000 hectáreas podrían haber ardido en A Veiga y Conso

- Muerto el perro se acabó la rabia. Ya ninguna página dice aquello de "non se rexistra ningunha incidencia". Se cambió por otra.
- Medio Rural suprime en su web la información relativa a las "incidencias diarias" en incendios forestales.

sobran as palabras para ver como as gastan na conselleria de medio rural