O BNG acusa o Goberno de dar "barra libre" ao sector eólico "pondo en perigo o modo de vida de miles de persoas"

Presentarán unha proposición de lei "específica" sobre a norma para os parques eólicos que pretende recuperar a esixencia da declaración de impacto ambiental

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2023 | Actualizada ás 17:46

Comparte esta noticia

O BNG acusou ao Goberno de dar "barra libre" ás empresas enerxéticas ao eliminar "" a presentación da declaración de impacto ambiental para proxectos de parques eólicos, cuxa "reversión" pedirá o Bloque a través dunha proposición lexislativa no Congreso.

Segundo recolle un comunicado da formación frontista este venres, o deputado Néstor Rego criticou a decisión contida no real decreto aprobado polo Goberno o 28 de decembro na que se simplificaba a tramitación de certos proxectos eólicos.

"Isto significa barra libre para as empresas eléctricas que se están a lucrar con este 'boom' eólico depredador e sen control, pondo en perigo o noso medio e a actividade económica e, por tanto, o modo de vida de miles de persoas, particularmente aquelas que se dedican ao sector primario" destaca Rego.

O Bloque afeou que o Goberno incluíse esta modificación nun decreto lei de axudas pola crise económica, o que, en palabras de Rego, "condicionou o debate e a votación" do mesmo, posto que, no caso de que se tramitase de forma indepediente, tería un "voto en contra contudente" do BNG.

Rego cargou contra PSOE e Podemos por "non ter nin sequera a decencia de tramitala de forma independente para permitir un debate e votación exclusivamente sobre ela, non condicionado por outras medidas como as axudas pola crise; é facer trampa para conseguir que pasen máis facilmente medidas moi negativas" para o país.

Agora, o BNG --que o pasado martes se abstivo na votación na que foi convalidado o decreto do Goberno-- avanzou a presentación dunha proposición de lei "específica" sobre a norma para os parques eólicos que pretende recuperar a esixencia da declaración de impacto ambiental e a posibilidade de presentar alegacións. "Queremos reverter esta modificación feita á medida dos intereses das grandes empresas e corrixir este despropósito", subliñou Rego.

Rolda de prensa de Néstor Rego. / Eduardo Parra / Europa Press
Rolda de prensa de Néstor Rego. / Eduardo Parra / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta