Santalices afea ao BNG utilizar o termo "psicóptas" pola "estigmatización" que causa a familias de enfermos mentais

"Comesaña pide á oposición condenar a expresión "cuadrilla de psicópatas" do BNG e logra o respaldo socialista.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2023 | Actualizada ás 15:48

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, instou ao BNG a retirar a expresión vertida pola portavoz nacionalista de Sanidade, Montserrat Prado, nunha comisión parlamentaria de finais de xaneiro, onde cualificou de "cuadrilla de psicópatas" ao Goberno da Xunta polas súas políticas en materia sanitaria. Solicitaba ademais Comesaña que se pronunciasen o resto dos grupos, tras o que o portavoz do PSdeG no Parlamento, Luís Álvarez, aseguraba que el "non chamaría psicópata a ningún colectivo, nin dentro nin fóra deste hemiciclo".

A lea tiña lugar durante unha interpelación presentada pola propia Montserrat Prado este mércores no Pleno da Cámara Galega. Na súa última intervención, Comesaña pedía precisar "o que vale e o que non vale" respecto ao debate parlamentario. Así, puxo como exemplo reproches similares do pasado, afeando que no seu momento tanto BNG como PSdeG censuraron os comentarios, algo que agora non fan. "Parece que a cualificación de psicópatas non merece reproche algún se vai contra a Xunta ou contra o Goberno do PP", lamentou.

"Se non se pronuncian, quedarán deslexitimados para esixir ningún límite ou queixarse de ningunha referencia (...). Teremos que entender que buscan alimentar a crispación social e que non teñen ningún respecto por este Goberno", afirmou. Os nacionalistas non fixeron ningún comentario, pero si o portavoz do PSdeG, Luís Álvarez. "Somos responsables do que dicimos e non do que din outras persoas. Eu, persoalmente, xamais chamaría psicópata a ningún colectivo nin dentro nin fóra deste hemiciclo", asegurou.

Tras isto, o propio presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices, tras apelar á súa anterior responsabilidade como director dun hospital psiquiátrico, agradecía a intervención. "Sei o dano que fai, por parte de todos, a utilización deste tipo de linguaxe ás familias dos enfermos mentais, é outra forma de estigmatizar", apuntou.

"VOADURA CONTROLADA" DA SANIDADE PARA O BNG

No que respecta á interpelación en si, a mesma Prado, acusou á Xunta de Galicia de levar a cabo unha "voadura programada do sistema sanitario, concretamente da Atención Primaria", co que pon "en risco a saúde dos galegos", mentres que o conselleiro de Sanidade, García Comesaña, insiste en que os problemas da sanidade son comúns a todo o país.

Na súa intervención, a deputada nacionalista lembrou que a "obrigación dun Goberno é planificar" e "o PP non planificou á mantenta". "O PP recorta orzamentos e fai trampas cando di que é o orzamento máis alto da historia, cando o incremento respecto ao PIB é aínda menor que en 2009: un 2,55% en 2023 respecto ao 2,23% de 2023".

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, no hemiciclo
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, no hemiciclo | Fonte: PARLAMENTO DE GALICIA

Prado fíxose eco de diversos casos de pacientes con enfermidades crónicas aos que non se lles está facendo seguimento que, segundo o Barómetro Sanitario que citou a nacionalista, son practicamente 50.000 en Galicia. Tamén apuntou que case o 40% dos galegos que piden unha cita en Primaria esperan máis dunha semana por ela.

UN RELATO QUE "CRIMINALIZA" Á XUNTA

Pola súa banda, o conselleiro de Sanidade acusou á formación nacionalista de tentar "construír por todos os medios un relato que criminalice á Xunta" e de tratar de conseguir "rédito electoral nas próximas eleccións".

Comesaña defendeu a xestión sanitaria da Xunta asegurando que o número de galegos con seguro privado descendeu, "cando en 2008 era unha das máis altas do Estado", mentres que o número de galegos que escollerían a sanidade pública para un ingreso aumentou tamén desde ese ano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta