Galicia notifica catro novas mortes con covid

Conta con 170 hospitalizados sete deles en UCI.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2023 | Actualizada ás 12:54

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou este martes outro catro mortes de persoas diagnosticadas con covid, enfermidade que padecen un total de 170 pacientes hospitalizados en Galicia, sete deles ingresados en unidades de críticos.

Así figura na última actualización da situación sanitaria na Comunidade galega con datos solicitados ata as 18,00 horas do luns e que foron difundidos aos medios á primeira hora deste martes.

En total, hai 163 pacientes con covid-19 nos hospitais galegos e sete na UCI, cifras lixeiramente superiores ás do último balance, cando había dous ingresados máis. Todo iso nun momento no que a Consellería de Sanidade ten constancia de 696 persoas con enfermidade activa.

Por áreas sanitarias, as persoas ingresadas subiron na Coruña a 37 (+2) e en Pontevedra a 27 (+1). No resto, descende o número de hospitalizados en Ferrol a 22 (-4) e en Santiago a 20 (-1), mesmo número que en Ourense (-3). Pola súa banda, mantense sen variacións a situación en Lugo (26) e Vigo (11).

En canto aos casos activos, por áreas sanitarias, A Coruña-Cee sitúase na cabeza con 143 (+2), seguida de Santiago-Barbanza, con 134 (+9); Lugo, con 118 (-2); Ourense, con 97 (+2), Pontevedra, con 67 (-2); Vigo, con 64 (-4); e Ferrol, con 72 (+9).

Así mesmo, Sanidade informou da morte doutras catro persoas diagnosticadas con covid rexistradas entre o 10 e o 12 de febreiro. Trátase dunha muller de 63 anos da área de Santiago, un home de 83 da zona da Coruña-Cee e outras mulleres, de 85 anos e 87 anos, das áreas de Pontevedra-Salnés e Lugo. Con estas, a cifra de vítimas en Galicia desde que se iniciou a pandemia ascende a 4.067.

UCI do Hospital Clínico de Santiago
UCI do Hospital Clínico de Santiago | Fonte: ANA VARELA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta