A TVG baixa pero segue moi lonxe de V Televisión

Os datos de 2014 mostran que os galegos pasan 4 horas fronte ao televisor ao día. Os informativos seguen a ser a principal baza da empresa pública autonómica, mentres a súa competidora privada do Grupo Voz non logra despegar e captar unha audiencia significativa.

Por M.V. | Santiago | 06/01/2015 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

A Televisión de Galicia, como o resto de televisións públicas autonómicas, está a ver erosionada a súa cuota de audiencia. Esta é unha das conclusións que se pode tirar dos datos de Kantar Media , unha das principais referencais de análise de medios audiovisuais en España, para o ano 2014.

Reportaxe da TVG sobre a minaría, nunha explotación en Filandia similar a Corcoesto
Reportaxe da TVG sobre a minaría, nunha explotación en Filandia similar a Corcoesto

Así, a TVG mantén un share do 10%, mentres o ano anterior, 2013, era do 10.9%. A caída da cuota da Televisión de Galicia é lixeiramente maior ca da media de emisoras da FORTA -a coalición de cadeas autonómicas-, que é de 0,7 puntos.

Mentres a TVG mantense como a terceira autonómica máis popular -só superada nos seus territorios correspondentes pola catalá TVG e Aragón TV-, a segunda canle non consigue despegar. As emisións da TVG2 na TDT  caeron do 0,9 ao 0,8 do share. Unicamente as súas homólogas de Madrid (LaOtra) e Asturias (TPA2) teñen peores datos.

Malia a súa erosión, a TVG sigue mantendo unha vantaxa abismal sobre a súa competidora privada autonómica. V Televisión, propiedade de La Voz de Galicia, apenas ten un 0,4% de share, segundo os datos de Kantar Media para novembro. Trátase da mesma cuota case que cando empezou a emitir, aló en 2010. Daquela empezou cunha cuota do 0,3%.

Os informativos, de producción producción propia, seguen a ser os programas máis populares do ente público galego. Entre a producción contratada a outras compañías, logra manterse entre o máis visto o incombustíbel Luar, series como Serramoura e programas de humor como Era Visto . 

Os galegos consumiron unha media diaria de 248 minutos en novembro de 2013. Esta cifra supón un aumento respecto ao mesmo mes 2013 (234 minutos) e 2012 (243 minutos). Con todo, o consumo segue a ser lixeiramente inferior que a media estatal (254 minutos). 

A gran maioría do consumo de televisión en Galicia faise pola TDT (máis do 80%), aínda que o cable suma xa o 13%. O consumo através de Internet vía ADSL non chega ao 4%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

12 Gamela

Por que ninguén reclama o dereito a ter unha televisión europea en Galicia? Especialmente cando o tema da lingua non sería problema con EURONEWS? Será porque con EuroNews as "interferencias" do poder político sería case imposibles? Será porque existen periodistas profesionais no mundo? http://gamela00.blogspot.com.es/201... Será...

1 Abesta

Isso, isso, a teleghaita tevé europeia. Ou mundial, universal. É o ótimo.

2 Gamela

Non sei se é o ótimo... pero alomenos pode vela en portugués se voçé quixer... http://pt.euronews.com/

11 Xacobeo 93

Eso incluiria a creación da Radio Internacional Galega con emisións mundiais en onda curta,e en varios idiomas, para extensión do prestixio de Galicia no Mundo.Despois virian a producción de grandes documentais coma a BBC e telenovelas galegas para ser masivamente vendidas fora ó estilo da Globo ou Televisa. Deste xeito por fin atopariase utilidade a Cidade da Cultura,xa que con tanto movemento, a sede de San Marcos quedaria pequena para TVG. Todo esto seria como preparatorio para ter unha televisión potente cara os Mundiais de Futbol de Galicia 2028 que traerá Louzán.

10 Xacobeo 93

O camiño da TVG é integrarse nun sistema de información parecido ó Venezolano, que emita cadenas nacionais obrigatorias para tódalas radios e televisións que emitan en Galicia,cada vez que o señor Feijoó ou Rueda falen cousas importantes.Despois debese repartir a TVG para o PP, a G2 para o PSOE , a G3 Galiza TV para os bloqueiros cubrindo a non producción propia conectando e poñendo programas de TV de Angola, Portugal e Brasil e a G4 en español dende PP de Génova,eso seria o xusto e deseable.Despois diso crear un potente organo difusor a través de TVG Internacional ó nivel da BBC, CNN ou RT e que sexa quen interferir nos asuntos doutros paises soberanos de interese estraxico ás políticas internacionais da Xunta de Galicia,coma en México.

9 MAXPAIN

Don't feed the Troll!!

8 Abesta

Cara de na-zi tes ti abonda Nicolás. Eu trancaria-te em um campo de reeducação até que você aprenda a odiar sua pu-ta Espanha.