A TVG baixa pero segue moi lonxe de V Televisión

Os datos de 2014 mostran que os galegos pasan 4 horas fronte ao televisor ao día. Os informativos seguen a ser a principal baza da empresa pública autonómica, mentres a súa competidora privada do Grupo Voz non logra despegar e captar unha audiencia significativa.

Por M.V. | Santiago | 06/01/2015 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

A Televisión de Galicia, como o resto de televisións públicas autonómicas, está a ver erosionada a súa cuota de audiencia. Esta é unha das conclusións que se pode tirar dos datos de Kantar Media , unha das principais referencais de análise de medios audiovisuais en España, para o ano 2014.

Reportaxe da TVG sobre a minaría, nunha explotación en Filandia similar a Corcoesto
Reportaxe da TVG sobre a minaría, nunha explotación en Filandia similar a Corcoesto

Así, a TVG mantén un share do 10%, mentres o ano anterior, 2013, era do 10.9%. A caída da cuota da Televisión de Galicia é lixeiramente maior ca da media de emisoras da FORTA -a coalición de cadeas autonómicas-, que é de 0,7 puntos.

Mentres a TVG mantense como a terceira autonómica máis popular -só superada nos seus territorios correspondentes pola catalá TVG e Aragón TV-, a segunda canle non consigue despegar. As emisións da TVG2 na TDT  caeron do 0,9 ao 0,8 do share. Unicamente as súas homólogas de Madrid (LaOtra) e Asturias (TPA2) teñen peores datos.

Malia a súa erosión, a TVG sigue mantendo unha vantaxa abismal sobre a súa competidora privada autonómica. V Televisión, propiedade de La Voz de Galicia, apenas ten un 0,4% de share, segundo os datos de Kantar Media para novembro. Trátase da mesma cuota case que cando empezou a emitir, aló en 2010. Daquela empezou cunha cuota do 0,3%.

Os informativos, de producción producción propia, seguen a ser os programas máis populares do ente público galego. Entre a producción contratada a outras compañías, logra manterse entre o máis visto o incombustíbel Luar, series como Serramoura e programas de humor como Era Visto . 

Os galegos consumiron unha media diaria de 248 minutos en novembro de 2013. Esta cifra supón un aumento respecto ao mesmo mes 2013 (234 minutos) e 2012 (243 minutos). Con todo, o consumo segue a ser lixeiramente inferior que a media estatal (254 minutos). 

A gran maioría do consumo de televisión en Galicia faise pola TDT (máis do 80%), aínda que o cable suma xa o 13%. O consumo através de Internet vía ADSL non chega ao 4%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

7 Undaki

Quitando a PPropaganda, "y los complejos urbanitas", a TVG é do mellor que se pode ver hoxe. Deberíase de desvincular a TVG da política e concordo con que sería positivo reestructurar a grella e darlle pulo a canáis temáticos para tentar ser lider en audiencia.

1 Agetas

Aquí hay uno al que no le preocupa el dinero público, que debe de pensar que cae del cielo. No sólo no le disgusta que se estean a tirar más de 150 millones de euros al año para producir una telebasura, sino que por riba quiere más canales. Una de tres, o trabaja él o algún familiar en la TVG, o chupa de ella vendiéndole algo, o es un inconsciente. Por mi que la cierre sin esperar un minuto más, porque es un instrumento de control político de las capas sociales más pobres e incultas del país de cuyo nivel da una idea este foro.

2 El pequeño Nicolás

Lo que deberían hacer es poner los toros y el Corazón Corazón en la TVG como hacen en TVE, por eso es lider de audiencia. A mi, mientras se emita en español, no me importa gastar el dinero público!

3 Xistral

Tu evidentemente autocalifícaste de capa culta e acomodada/rica. Isto evidentemente dache a capacidade de decidir polos demais e por suposto o que dis tu é a verdade e o que din os demais é mentira ou non vale. Iso tamén lles pasou aos nazis na súa época.

4 El pequeño Nicolás

Ya salió el argumento nazi. ¡Cómo les gusta a los galizos! Porque sin duda Tienen a Mi lucha como libro de mesilla de noche, los que tienen mesilla, o como libro de retrete, los demás. Más Corazón Corazón deberían ver estos fulanos.

5 Glory LaGo Rina

Moy bien Nicolasito...Cuanto más te repones a los castrejos más me sube la quentura...voy tener que apagar la califación de mi chalé de Sanjenjo...y el carguito en madrí cocinándose...y a mi subiendome la quentura...y la vaca en el maíz...ai ai se eu te pego!!

6 Porcayón

Danme asco os galegofobos Nicolasito e Glorya. Vounos poñer mirando para Cuenca e xa verán que quenturas. GC necesita un moderador porque se lles coou un troll españolista que por enriba non escribe en galego.

6 galegoexiliado

Preocupante nova: Un dez por cen de galegos ainda ve a Telegaita. Supoño que a maioría serán empregados e familiares. Mais preocupante ainda é que moitos emigrados babean ollándoa polo satélite.

1 Inés

:-D Eu por satélite non, mais adoito mirar programas que teñen á carta malia lamentable calidade do son e da imaxe. Iso é aínda mais preocupante. :-D :-D

5 Gamela

Calquera TV está de "puta" pena, pero a TVG xa nin sei como a aturamos? Vergoña é o que sinto ás veces! Claro que o TIMO da TDT iniciado por ZP está no centro da problemática: http://gamela00.blogspot.com.es/201... // Esto de non poder falar en GC senon pagas coma GCPluseiro é unha lata de carallo...!

4 Sanmarcos

Os peores datos de audiencia co maior presuposto per capita da historia da tvg. En dez anos perdeu o 50 por cento dos telespectadores, e costa 100 millós por ano. Outro éxito da xestión de Feixoo.

3 Espetador

Atención: é importante que se saiba que se a TVG non ten máis audiencia é porque non interesa. Ao poder establecido non lle interesa que a canle galega gañe audiencia. Ben, despois de descubrirvos a pólvora, vou explicar un chisco o porqué. A TVG leva anos renunciando a cotas de pantalla que podería gañar sen custo adicional. O único que tería que facer sería reestruturar a súa grella. Non é normal que, día si e día tamén, emita pasada a medianoite ou xa de madrugada películas novas, de calidade e, sobre todo, caras. Ocorreu con Orixe, de Christopher Nolan, e cunha chea de filmes máis, que só se poden ver unha vez gravados. Tampouco é normal que maltrate de xeito sistemático series de calidade, caras e recoñecidas a nivel internacional coa súa emisión na G2, sen darlles promoción ningunha, mudándoas de día e de hora e mesmo deixándoas de emitir a metade da trama. Ocorreu con Breaking Bad, con Heroes ou con Invasión.

1 Espetador

En canto ás series de debuxos animados, máis do mesmo. Sabiades que a TVG emite as series de animación máis actuais en pleno horario escolar? O mellor da grella do Xabarín bótano de 11 a 12 da mañá, coas series máis novas e, unha vez máis, máis caras. O resto do día, cando hai nenos nas casas, as faragullas, con series de hai 40 anos. Podedes comprobalo. Por que pasa isto? Pois polo mesmo motivo: interésalles que os rapaces se desgaleguicen. Así, aos poucos, case ás agachadas. Pero non fai falta ser moi avespado para darse de conta. A Galega teríao moi fácil para ser líder absoluta de audiencia, sobre todo tendo en conta o ínfimo nivel do que botan no resto das canles. Pero parece que non lles interesa demasiado aos que realmente posúen o mando da tele.

2 espectador2

Concordo totalmente coa vosa analise

3 El pequeño Nicolás

Si de tratar audiencia se tratara, que utilicen el español. Voto por ello coincidiendo también así con los análisis anteriores. Pero dado lo que nos cuesta, mejor que cierren ya la telegaita y dediquen su presupuesto a gasto social.

4 Farto de España

O español só serve para falar cos criados e as putas colombianas.

5 El pequeño Nocolás

Jopé, cómo son estos galizos, todo el día insultando. Por encima alguno se tira el moco de que ha visto alguna criada o puta, fuera de sus parientes.