A TVG baixa pero segue moi lonxe de V Televisión

Os datos de 2014 mostran que os galegos pasan 4 horas fronte ao televisor ao día. Os informativos seguen a ser a principal baza da empresa pública autonómica, mentres a súa competidora privada do Grupo Voz non logra despegar e captar unha audiencia significativa.

Por M.V. | Santiago | 06/01/2015 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

A Televisión de Galicia, como o resto de televisións públicas autonómicas, está a ver erosionada a súa cuota de audiencia. Esta é unha das conclusións que se pode tirar dos datos de Kantar Media , unha das principais referencais de análise de medios audiovisuais en España, para o ano 2014.

Reportaxe da TVG sobre a minaría, nunha explotación en Filandia similar a Corcoesto
Reportaxe da TVG sobre a minaría, nunha explotación en Filandia similar a Corcoesto

Así, a TVG mantén un share do 10%, mentres o ano anterior, 2013, era do 10.9%. A caída da cuota da Televisión de Galicia é lixeiramente maior ca da media de emisoras da FORTA -a coalición de cadeas autonómicas-, que é de 0,7 puntos.

Mentres a TVG mantense como a terceira autonómica máis popular -só superada nos seus territorios correspondentes pola catalá TVG e Aragón TV-, a segunda canle non consigue despegar. As emisións da TVG2 na TDT  caeron do 0,9 ao 0,8 do share. Unicamente as súas homólogas de Madrid (LaOtra) e Asturias (TPA2) teñen peores datos.

Malia a súa erosión, a TVG sigue mantendo unha vantaxa abismal sobre a súa competidora privada autonómica. V Televisión, propiedade de La Voz de Galicia, apenas ten un 0,4% de share, segundo os datos de Kantar Media para novembro. Trátase da mesma cuota case que cando empezou a emitir, aló en 2010. Daquela empezou cunha cuota do 0,3%.

Os informativos, de producción producción propia, seguen a ser os programas máis populares do ente público galego. Entre a producción contratada a outras compañías, logra manterse entre o máis visto o incombustíbel Luar, series como Serramoura e programas de humor como Era Visto . 

Os galegos consumiron unha media diaria de 248 minutos en novembro de 2013. Esta cifra supón un aumento respecto ao mesmo mes 2013 (234 minutos) e 2012 (243 minutos). Con todo, o consumo segue a ser lixeiramente inferior que a media estatal (254 minutos). 

A gran maioría do consumo de televisión en Galicia faise pola TDT (máis do 80%), aínda que o cable suma xa o 13%. O consumo através de Internet vía ADSL non chega ao 4%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

2 privatización

Moito habería que falar sobre quen ve a TVG o a da Voz. Dacordo que esta última tira patrás pola súa presentadora, cunha xestualidade dura, agresiva ¿Pero quen ve a TVG nas cidades? Ao mellor xente de idade procedente do rural. Eu, que non a vexo hai anos, non a pechaba, pero si a sacaba a concurso a ver se algunha empresa quería mantela e xestionala para que nos saíra gratis.

1 Xistral

Gratis ía saírche ata que pasado un tempo, feito o peto polos que a mercaran (supoño que amiguetes do poder), che pediran subvención para seguir adiante... Ademais os servizos de auga, lixo, etc, etc, están privatizados e....., saénche gratis...? Por favor, menos infantilismo.

2 privatización

¿Quen che dixo que estou a favor das subvencións? En calquera caso non creo que poidas comparar o que costa a TVG fronte as subvencións a VTv. E tampouco me compares servizos esenciais como a recollida de lixo ou a auga con algo tan banal e prescindible como poder ser a tele. Eu non podo prescindir deses servizos esenciais, da tele que da o Luar prescindín hai anos, podo ver un partido pero non me vexo vendo Luar, Supermartes, etc.

3 xoán

De onde sae a trapallada de que ninguén ve a TVG nas cidades?

4 BeneB

Eu son de cidade, trintaetantos, e vexo a tvg. A tv pública non ten nada de prescindibel, a información é un dereito tan básico como a auga, sen información veraz e independente e de calidade, o resto de dereitos non están garantidos. Outro asunto é se a tv pública cumpre ca sua obriga de dar esa información, deberiamos ter como sociedade mecanismos que o garantiran.

5 privatización

¿E como a túa opinión é representativa e nas cidades a xente ve a TVG, por iso tes que clonarte nonsi? Veña oh, veña.

1 Pedro1980

É fundamental a creación e diversificación de máis canles en galego: A TVG ten dereito a emitir en catro canles e só o está a facer en dúas. Debería de crear unha canle exclusivamente infantil tipo Clan (p.e. Xabarín TV) e deixar a G2 só como canle cultural e deportiva. Tamén debería de emitir outra canle de noticias (podería traducir ao galego Euronews ou directamente coller o sinal de Euronews en portugués). Isto non conlevaría entrar en máis gasto para a administración e teríamos catro canles en galego en vez de dúas. Do mesmo xeito deberíase de lle retirar a licenza de tv autonómica á Popular TV por desuso e darlla a outro grupo de comunicación que si a explote utilizando o galego. Por non falar de que as televisións locais galegas poderían asociarse e emitir algúns programas conxuntamente