Galicia suma un falecido máis por covid-19, de 70 anos e con patoloxías previas

Galicia conta con 824 casos activos oficialmente rexistrados

Por E.P. | Galicia | 28/02/2023 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou dun novo falecido por covid-19, neste caso na área sanitaria da Coruña-Cee, de 70 anos e que tiña patoloxías previas. O deceso foi rexistrado a 24 de febreiro.

Segundo os últimos datos da Consellería, Galicia conta con 824 casos activos oficialmente rexistrados, dos cales 166 pertencen á área da Coruña; 109, á de Lugo; 132 á de Ourense; 93, a Pontevedra; 98 a Vigo; 155, á área de Santiago; e 71, á de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, tres están nunha unidade de coidados intensivos e 141 en unidades de hospitalización convencionais. Ademais, os datos oficiais arroxan que se contabilizaron 690.123 curacións e, con este falecemento rexistrado, son 4.077 as mortes vinculadas ao covid-19 desde que se rexistran.

Recreación de infección por SARS-Cov-2, o coronavirus que causa a covid-19
Recreación de infección por SARS-Cov-2, o coronavirus que causa a covid-19 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta