Os candidatos de Podemos a ser líderes en Galicia buscan o aval dos círculos

Tras elixir líderes locais, o partido de Pablo Iglesias está inmerso en pleno proceso de organización interna a nivel autonómico.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 15/01/2015 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

Para ser elixíbel, os candidatos á Secretaría Xeral e ao Consello Cidadán Autonómico necesitan asegurarse o imprescindíbel aval dalgún cículo ao longo desta semana nas Asembleas que xa están convocadas.

Parte do Círculo de Podemos no Parque de San Lázaro en Ourense
Parte do Círculo de Podemos no Parque de San Lázaro en Ourense | Fonte: www.podemosourense.es

Segundo o regulamento, as candidaturas individuais reciben avais de xeito individual. As candidaturas que formen equipos poden recibir un aval á lista completa ), ou ben aos seus membros por separado, non tendo que ser neste caso necesariamente avalados polo mesmo Círculo local.

O dereito a avalar listas corresponde aos Círculos, segundo o regulamento de Podemos para o proceso autonómico. As candidaturas non poden ser avaladas por máis dun Círculo, polo que arestora existen negociacións entre os diferentes grupos locais. Está por ver se as localidades nas que triunfou unha lista avalada polo equipo de Pablo Iglesias (como A Coruña ou Ourense) presentan unha candidatura conxunta.

O partido informa que as súas asembleas locais serán as seguintes:

  • A Coruña: sábado 17 de xaneiro ás 17 h en rúa Marqués de Pontejos número 7.
  • Lugo: luns 12 de xaneiro avaláronse a seis persoas para o CCA e a ningunha para a secretaría xeral.
  • Ourense: xoves 15 de xaneiro ás 19 h no salón de actos da Biblioteca Pública en rúa Concello
  • Pontevedra: sábado 17 de xaneiro ás 11h30 en rúa Marquesa número 5 2 L.
  • Santiago: venres 16 de xaneiro ás 20 h en rúa San Clemente número 18.
  • Vigo: domingo 18 de xaneiro ás 17 h no café de Catro a Catro

De acordo ao calendario anunciado, o día 20 finaliza o prazo de presentación de candidaturas individuais. O 23 e 24 de xaneiro inscribiranse as listas. Do 26 de xaneiro ao 8 de febreiro será o período de campaña e do 9 ao 13 de febreiro o de votacións. O 14 de febreiro finalmente, coñeceranse os gañadres

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 QUEREMOS NACIONALISMO

ALARMA DE DEMOCRACIA!!!!!- agora o presidente frijoles non vai cambiar a lei electoral para retirar os inutiles do parlamentiño galego, fixeron as contas e saben que desaparecerian os seus coleguitas de fechorias de izquierda unidosis e -vieiras ... non enganen asi o pobo inocente - El cóctel explosivo que vive IU en Madrid está compuesto por ingredientes de alto voltaje: un partido sin líder tras la dimisión de Eddy Sánchez, las heridas de la batalla de las primarias que ganó Tania Sánchez, el caso Aúpa, la anterior pugna interna en el ayuntamiento de Rivas, las tensiones por las tarjetas black de Caja Madrid

1 Pikachu

E que me dis de Ermitas, Caxigal e María Xosé

2 Gamela

Agardaremos ao día de San Valentín, logo...

1 O Xantar

En Ferrol seguen tentando impoñer a Al Vila, o tapado de Juán Fernández e defensor do despedimento libre. Por eso non recoñecen que o gañador é Carlos del Río

1 ledamandeu

Xa me estaba preguntando eu que seria daquel sarillo e por qué ninguén dicía nada.